Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Actores non estatais e autoridades locais no desenvolvemento. Accións en países socios. Perú

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

A presente convocatoria sinala tres obxectivos principais que deben contribuír ao obxectivo primordial da redución da pobreza:

* Apoiar accións no campo do desenvolvemento, a ser implementadas por Actores Non Estatais e Autoridades Locais, en próxima coordinación con comunidades locais e os grupos de poboación máis vulnerables, co propósito de promover unha sociedade máis incluínte en países socios.
* Apoio para accións de sensibilización e educación en temas de cooperación ao desenvolvemento na Unión Europea e países adherentes, co obxectivo de incrementar o apoio ás accións para a redución da pobreza e promover relacións máis xustas entre os países desenvolvidos e aqueles en vías de desenvolvemento.
* Apoio ás accións que teñan como obxectivo sexa lograr unha cooperación máis eficiente, promover sinerxías e facilitar un diálogo estruturado na área do desenvolvemento entre as redes de sociedade civil e as asociacións de autoridades locais da UE e os países adherentes; ao interior das súas organizacións e coas institucións comunitarias.

Eidos de actuación

Fortalecer as capacidades dos actores non estatais, incrementar e fortalecer a participación destes, así como tamén fortalecer ás autoridades locais a nivel municipal, provincial e rexional do Perú.

Existen dous lotes diferentes en relación ao destinatario, actores non estatais ou autoridades locais.

Destinatarios

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións para poder optar a unha subvención:

* ser unha persoa xurídica e
* non ter ánimo de lucro e
* ser un Actor Non Estatal (ANE) constituída conforme á lexislación en vigor en Perú ou nun Estado Membro da Unión Europea.
* Autoridade Local (AL) constituída conforme á lexislación en vigor en Perú
* ter a nacionalidade dun Estado Membro da Unión Europea ou de Perú en caso dos ANE e en caso das AL ter a nacionalidade peruana.

* ter o rexistro en PADOR e o número de EuropeAid ID.
* ser directamente responsable canda os seus socios da preparación e xestión da acción, e non limitarse simplemente a actuar como intermediario e
* ser capaces de demostrar que realizaron regularmente accións no ámbito do desenvolvemento e do tipo das cubertas polo presente programa.

Socios

Recoméndase o traballo con socios, e en especial con asociacións multi-actores. Estas deberán participar no deseño e execución da acción e nos gastos, por tanto deberán reunir os mesmos requisitos que o destinatarios. Para accións presentadas por un solicitante dun Estado membro da UE, será obrigatoria a asociación con un actor local.

Financiamento

Para propostas presentadas por actores non estatais ou autoridades locais europeas, poderán recibir até un 75% do total dos custes, no caso de que fosen do Perú, a subvención non podería ser superior a un 90% dos custes, en todo caso ningunha subvención poderá ser inferior ao 50% do orzamento da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 2.000.000 €.

Duración do proxecto

Para o primeiro lote entre 24 e 48 meses e para o segundo entre os 18 e os 36.

Data límite de solicitude

05/04/2010

Documentación

Contacto

Os solicitantes poderán remitir preguntas por correo electrónico como máis tarde o 05 de marzo do 2010 ás 16:00 horas ao seguinte enderezo de correo electrónico: delegation-peru-nsa@ec.europa.eu, indicando claramente a referencia da convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante