Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa para actores non estatais e autoridades locais no desenvolvemento Guinea-Bissau

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O obxectivo integral deste programa é a redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sustentable, incluíndo a busca dos “Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio” e outros acordos internacionais.

Eidos de actuación

Trátase dun programa orientado polos actores, que ten como obxectivo fortalecer a capacidade das organizacións da sociedade civil, para elo terán preferencia as accións que permitan un acceso mellorado aos servizos sociais de base, para a poboación en xeral e para o s grupos marxinalizados e vulnerables, así como as medidas de redución da pobreza por medio dunha xestión sustentable dos recursos naturais (agricultura, turismo...).

Destinatarios

Pódense presentar a esta convocatoria aquelas organizacións que teñan personalidade xurídica, non teñan fins lucrativos e sexan actores non estatais constituídos de acordo coa lexislación en vigor en Guinea-Bissau ou en un dos Estados membros da UE. No caso de que sexa unha organización dalgún Estado membro, debe ter sido rexistrada cando menos tres anos antes da petición da subvención. Así mesmo as organizacións deben ser nacionais de un Estado membro da UE ou de Guinea-Bissau e xuntamente cos seus socios, seren directamente responsables da preparación e xestión da acción.

Socios

Para accións presentadas por actores europeos, é obrigatorio que teñan como socio a un actor local e os proxectos deberán responder a unha iniciativa emanada deste. Tamén é posible o traballo con socios adicionais con actores non estatais europeos. Pola súa banda as organizacións guineanas si poden presentarse a esta convocatoria soas, ou en colaboración con organizacións europeas.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 90% dos custos totais, no caso de actores non gobernamentais da Guinea-Bissau, e nun 75% se estas organizacións son europeas.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento é de 2500000€.

Duración do proxecto

Entre os 24 meses e os 36

Data límite de solicitude

20/05/2010

Documentación

Contacto

delegation-guinee-bissau@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante