Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento Accións en Venezuela

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O programa ten como obxectivo xeral apoiar accións no campo do desenvolvemento realizadas por axentes non estatais ou autoridades locais, financiar accións de sensibilización e educación en temas de cooperación ao desenvolvemento na UE e países candidatos á adhesión para incrementar o apoio a accións contra a pobreza, así como tamén favorecer accións que busquen lograr unha cooperación máis eficiente no eido do desenvolvemento, entre as redes da sociedade civil e as asociacións de autoridades locais da UE.

Obxectivo específico da convocatoria

Para Venezuela en concreto, o obxectivo primordial é a redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sostible, incluíndo o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e outros obxectivos acordados internacionalmente. O programa está orientado a fortalecer a capacidade das organizacións da sociedade civil e das autoridades locais como condición para lograr unha sociedade máis equitativa e aberta.

Eidos de actuación

Reforzo de organizacións da sociedade civil e a democracia de base, por medio do fortalecemento das capacidades de grupos organizados sen ánimo de lucro e entes gobernamentais descentralizados, promover o dialogo e establecer redes entre a sociedade civil, e os actores económicos e sociais e as autoridades locais, apoiar procesos sostibles de desenvolvemento social, cultural, etc. e por último, aumentar o compromiso da poboación venezolana con organizacións da sociedade civil.

Destinatarios

Os solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:
1. Ser unha persoa xurídica
2. Non ter ánimo de lucro
3. Ser un actor non estatal constituído conforme a lexislación en vigor en Venezuela ou nun estado membro da UE ou ser unha autoridade local constituída conforme a lexislación vixente en Venezuela
4. Estar rexistrado no PADOR (Potential Applicant Dated Online Registration)

Socios

Os socios dos solicitantes deberán cumprir cos mesmos criterios de elixibilidade que os solicitantes. Os socios, ademais deberán participar no deseño e execución da acción

Financiamento

Para propostas presentadas por axentes non estatais ou autoridades locais europeas, a subvención non poderá ser inferior ao 75% do total dos custes, no caso das propostas presentadas por axentes non estatais ou autoridades locais do país socio (Venezuela), a subvención non poderá ser superior ao 90% do total dos custes.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento máximo de 2037897 euros.

Data límite de solicitude

20/04/2010

Documentación

Contacto

Delegation-Venezuela-ANE@ec.europa.eu

Comentarios

Existen dúas liñas orzamentarias, a primeira de 1.797.809 euros para accións levadas a cabo por actores non estatais, e 240.088 euros para aqueles realizados por autoridades locais. Como consecuencia, as subvencións para os primeiros estarán entre os 250.000 euros e os 500.000, e para os segundos entre os 175.000 e os 240.000

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante