Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento, accións en Guatemala

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

O programa ten como obxectivo apoiar ás organizacións da sociedade civil nas accións que busquen promover unha sociedade integradora e autónoma, co fin de:
1. beneficiar á poboación fora do alcance dos servizos xerais e excluídos dos procesos de decisión
2. fortalecer a capacidade das organizacións da sociedade civil de Guatemala, para facilitar a súa participación na redución da pobreza e o desenvolvemento sostible
3. facilitar a interacción entre o Estado e os actores non estatais en diferentes contextos.

Obxectivo específico da convocatoria

Para Guatemala en concreto, o obxectivo primordial é a redución da pobreza no contexto do desenvolvemento sostible, incluíndo o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e outros obxectivos acordados internacionalmente.

Eidos de actuación

1. Fortalecemento das redes da sociedade civil, (incluíndo as redes de organizacións indíxenas, de mulleres e de mozos) para mellorar a súa participación efectiva no proceso político e a toma de decisións a nivel local e nacional.
2. Fomento da participación da sociedade civil e reforzo das súas capacidades nos procesos de supervisión e seguimento da inversión pública.
3. Promoción dos dereitos laborais e da seguridade social, emprego xuvenil, apoio a instancias consultivas da sociedade.
4. Aplicación da lexislación ambiental, tanto nacional como internacional.

Destinatarios

Deberán reunir as seguintes condicións, seren persoa xurídica, non ter ánimo de lucro, pertencer á categoría de actor non estatal e ter a nacionalidade dun dos países da UE ou doutros país elixibles.

Socios

Os socios dos solicitantes deberán participar no deseño e na execución da acción e deben reunir os mesmos criterios de elixibilidade que os beneficiarios.

Financiamento

As subvencións non poderán exceder do 75% do total dos custes da acción cando o solicitante sexa un actor non estatal europeo, ou dun 90% no caso de tratarse dun actor non estatal dos países beneficiarios.

Orzamento total da convocatoria

2000000 euros.

Duración do proxecto

Entre os 12 meses e os 36.

Data límite de solicitude

19/04/2010

Documentación

Contacto

DELEGATION-GUATEMALA-NSA@ec.europa.eu
Fax: + 502 – 238 425 96

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante