Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Cuba

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Esta convocatoria encádrase dentro do Instrumento de Financiamento da Cooperación ao desenvolvemento, e dentro deste, no programa temático da Comisión: «Participación dos axentes non estatais e as autoridades locais no desenvolvemento» que intenta contribuír ao desenvolvemento sostible e a redución da pobreza a través do reforzo das capacidades e o apoio a iniciativas de actores non estatais e autoridades locais da Unión Europea e dos países socios en desenvolvemento.



O programa centrarase primordialmente nas intervencións sobre o terreo e aplicarase fundamentalmente en países e rexións en desenvolvemento onde os programas xeográficos non prevexan ningún apoio ou dotación financeira en favor dos axentes non estatais ou as autoridades locais.


O obxectivo último da convocatoria é a erradicación da pobreza no contexto dun desenvolvemento sostible así como a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) ou da máis recente declaración sobre a política de desenvolvemento da UE, o «consenso europeo sobre desenvolvemento».


Outros obxectivos a acadar como aspectos transversais son a boa gobernanza e os dereitos humanos.



As distintas intervencións deben contribuír a:


  • - Fomentar unha sociedade integradora e autónoma favorecendo ás poboacións sen acceso aos recursos e servizos básicos.
  • - Reforzar a participación das organizacións da sociedade civil nos países socios e facilitar a interacción entre os axentes estatais e non estatais.
  • - Aumentar a concienciación da poboación europea sobre as cuestións de desenvolvemento a través de actividades de sensibilización e educación.
  • - Mellorar a eficacia da cooperación a través da creación de sinerxias.

Obxectivo específico da convocatoria

As intervencións en Cuba centraranse en accións cuxa meta sexa promover unha sociedade incluínte e empoderada que pon énfase nos principios de integración e de autonomía.
No marco desta convocatoria local darase prioridade ás accións dos actores non estatais que contribúen a apoiar e reforzar as dinámicas e iniciativas culturais locais (corte, barrio, comunidade, municipio, provincia) que promoven o desenvolvemento participativo da sociedade cubana na súa diversidade.

Esas accións deberán pretender:
i) Fortalecer as capacidades dos actores culturais a nivel organizativo, técnico, financeiro e institucional.
ii) Promover e intensificar o diálogo cultural e intercultural e a creatividade.
iii) Fomentar os intercambios de experiencias e de expertos entre os actores/redes culturais cubanos e/ou entre lles actores/redes culturais cubanos e europeos.
Tamén se atenderá a temas transversais contribuíndo a acadar o obxectivo global de loita contra a pobreza tales como a promoción da igualdade de xénero, dos dereitos humanos e da democracia, a protección e a promoción dos dereitos dos nenos, a integración das cuestións medioambientais, o respecto do estado de dereito e a loita contra o VIH/SIDA.

Eidos de actuación

Entre as propostas darase preferencia ás que, ademais de promover iniciativas no ámbito cultural, sexan capaces de:

- Capacitar e fortalecer aos actores culturais non estatais, incluso mediante o apoio e a promoción de asociacións entre estes actores e outros protagonistas da cooperación e da cultura. Pode incluír actividades que reforcen as capacidades organizativas, administrativas, técnicas e de xestión dos actores.
- Promover a participación da poboación.
- Promover o diálogo, os intercambios e a comunicación entre actores culturais cubanos e/ou entre cubanos e europeos e fomentar a creación de redes entre actores cubanos e europeos co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecementos para lograr un enriquecemento mutuo e crear así dinámicas novas.

Destinatarios

- Persoas xurídicas sen ánimo de lucro
- Nacionais dun estado Membro da Unión Europea ou de Cuba
- Que sexan axentes non estatais (ANE) conforme á lexislación en vigor en Cuba ou nun estado Membro da Unión Europea, rexistrados como tales ao menos tres anos antes da data de presentación da solicitude (dous no caso de ANE de Cuba)
- Os beneficiarios da subvención deben ser directamente responsables da preparación e xestión da acción cos socios (non intermediarios).

Financiamento

Serán subvencionadas accións cun orzamento comprendido entre 100.000 e 300.000 euros.
No caso de propostas presentadas por Axentes non estatais do país socio (Cuba), a subvención non poderá ser a subvención non poderá ser inferior ao 50% ou superior ao 90% do total dos custos elixibles da acción. O saldo deberá financiarse con fontes alleas ao orzamento da Comunidade Europea ou o Fondo Europeo de Desenvolvemento.
Para propostas presentadas por Axentes non estatais europeos, a porcentaxe de cofinanciación limítase a un máximo de 75% do total dos custos elixibles da acción

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global entre 2008 e 2009 asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 1.100.000 euros.

Duración do proxecto

A duración inicial prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 24.

Data límite de solicitude

16/11/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante