Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Ecuador

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Esta convocatoria encádrase dentro do Instrumento de Financiamento da Cooperación ao desenvolvemento, e dentro deste, no programa temático da Comisión: «Participación dos axentes non estatais e as autoridades locais no desenvolvemento» que intenta contribuír ao desenvolvemento sostible e a redución da pobreza a través do reforzo das capacidades e o apoio a iniciativas de actores non estatais e autoridades locais da Unión Europea e dos países socios en desenvolvemento.

O programa centrarase primordialmente nas intervencións sobre o terreo e aplicarase fundamentalmente en países e rexións en desenvolvemento onde os programas xeográficos non prevexan ningún apoio ou dotación financeira en favor dos axentes non estatais ou as autoridades locais.
O obxectivo último da convocatoria é a erradicación da pobreza no contexto dun desenvolvemento sostible así como a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) ou da máis recente declaración sobre a política de desenvolvemento da UE, o «consenso europeo sobre desenvolvemento».

Outros obxectivos a acadar como aspectos transversais son a boa gobernanza e os dereitos humanos.

As distintas intervencións deben contribuír a:
- Fomentar unha sociedade integradora e autónoma favorecendo ás poboacións sen acceso aos recursos e servizos básicos.
- Reforzar a participación das organizacións da sociedade civil nos países socios e facilitar a interacción entre os axentes estatais e non estatais.
- Aumentar a concienciación da poboación europea sobre as cuestións de desenvolvemento a través de actividades de sensibilización e educación.
- Mellorar a eficacia da cooperación a través da creación de sinerxias.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar o desenvolvemento de iniciativas sostibles de fortalecemento da xestión pública local que contribúa á inclusión económica, social e ambiental de grupos marxinados, propiciando a mellóra das súas condicións de vida.

Eidos de actuación

Os obxectivos específicos desta Convocatoria de propostas refléxanse nos dous eixos seguintes:

-Apoio á gobernabilidade e fortalecemento da xestión pública en atención ao manexo de residuos sólidos (lixo). Estas iniciativas estarán dirixidas a municipios ou grupos de municipios de menos de 40.000 habitantes cada un e ubicados nas rexións da Costa e Insular do Ecuador.
- Accións para a formación profesional técnica, inserción ao mercado laboral e desenvolvemento de iniciativas produtivas con mozos e mozas de poboacións rurais e de zonas urbanas marxinais. Trátase de iniciativas que promovan a utilización de novos coñecementos técnicos e de novas tecnoloxías, contribuíndo a fortalecer procesos de desenvolvemento local creando sinerxias e articulacións público-privadas para crear emprego e buscar a innovación e valorización da produción local. Estas últimas deberán levarse a cabo en provincias da Serra do Ecuador.

De ser posible, débese prestar unha atención particular aos asuntos transversais que contribúen ao logro do obxectivo global de redución da pobreza, como a promoción da equidade de xénero, os dereitos humanos e a democracia, a promoción e protección dos dereitos dos nenos, a integración de asuntos ambientais, o respecto do estado de dereito e a loita contra a sida.

Destinatarios

- Persoas xurídicas sen ánimo de lucro
- Nacionais dun estado Membro da Unión Europea ou de Ecuador
- Que sexan axentes non estatais (ANE) conforme á lexislación en vigor en Ecuador ou nun estado Membro da Unión Europea, rexistrados como tales ao menos tres anos antes da data de presentación da solicitude (dous no caso de ANE de Ecuador)
- Capaces de demostrar que realizaron regularmente accións no ámbito do desenvolvemento e do tipo das cubertas polo presente programa polo menos durante os tres anos anteriores ao momento de presentar a solicitude (dous anos para ANE de Ecuador).
- Os beneficiarios da subvención deben ser directamente responsables da preparación e xestión da acción cos socios (non intermediarios).

Socios

Os socios deberán reunir os requisitos de elixibilidade aplicables ao beneficiario mesmo.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro desta Convocatoria de propostas estarán comprendidas entre os 400.000 e os 600.000 Euros respecto ao eixo 1 e entre 200.000 e 400.000 Euros respecto ao eixo 2.
As subvencións non poderán ser inferiores ao 60 %, nin exceder do 75% (90% se a proposta é presentada por axentes non estatais procedentes de Ecuador) do total dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria de propostas ascende a 2.000.000EUR con cargo ao orzamento 2008.
A repartición indicativa dos fondos farase da seguinte forma:
- Apoio á gobernabilidade e fortalecemento da xestión pública en atención ao manexo de residuos sólidos. (1.200.000 Euros).
- Accións para a formación profesional técnica, inserción ao mercado laboral e desenvolvemento de iniciativas produtivas con mozos e mozas de poboacións rurais e de zonas urbano marxinais. (800.000 Euros).

O programa prevé outorgar os fondos aos solicitantes nacionais en aproximadamente un 60% e ás entidades internacionais en 40%, na medida que a calidade das solicitudes permitan esta repartición.

Duración do proxecto

A duración inicial prevista dunha acción non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 36.

Data límite de solicitude

11/08/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante