Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axentes non estatais e autoridades locais en desenvolvemento. Accións en Uruguai

Programa

INSTRUMENTO DE FINANCIAMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ICD)

Obxectivo xeral

Esta convocatoria encádrase dentro do Instrumento de Financiamento da Cooperación ao desenvolvemento, e dentro deste, no programa temático da Comisión: «Participación dos axentes non estatais e as autoridades locais no desenvolvemento» que intenta contribuír ao desenvolvemento sostible e a redución da pobreza a través do reforzo das capacidades e o apoio a iniciativas de actores non estatais e autoridades locais da Unión Europea e dos países socios en desenvolvemento.

O programa centrarase primordialmente nas intervencións sobre o terreo e aplicarase fundamentalmente en países e rexións en desenvolvemento onde os programas xeográficos non prevexan ningún apoio ou dotación financeira en favor dos axentes non estatais ou as autoridades locais.
O obxectivo último da convocatoria é a erradicación da pobreza no contexto dun desenvolvemento sostible así como a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) ou da máis recente declaración sobre a política de desenvolvemento da UE, o «consenso europeo sobre desenvolvemento».

Outros obxectivos a acadar como aspectos transversais son a boa gobernanza e os dereitos humanos.

As distintas intervencións deben contribuír a:
- Fomentar unha sociedade integradora e autónoma favorecendo ás poboacións sen acceso aos recursos e servizos básicos.
- reforzar a participación das organizacións da sociedade civil nos países socios e facilitar a interacción entre os axentes estatais e non estatais.
- Aumentar a concienciación da poboación europea sobre as cuestións de desenvolvemento a través de actividades de sensibilización e educación.
- Mellorar a eficacia da cooperación a través da creación de sinerxias.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Reforzar a participación dos axentes non estatais nas estratexias dirixidas á consecución dos obxectivos do milenio en Uruguay.
2. Apoiar accións dos axentes non estatais que incidan no aumento do grao de cohesión social.
3. Reforzar as capacidades da sociedade civil como axente de cambio e o fomento da participación cidadá na elaboración e o monitoreo de políticas públicas

Eidos de actuación

Diversas accións contémplanse dentro de cada un dos obxectivos:

1. Consecución dos obxectivos do milenio especialmente nas áreas de:
Saúde pública
- Accións dirixidas á prevención da malnutrición infantil, durante o embarazo da nai e a nenez.
- Accións dirixidas á promoción da saúde física, mental e social de grupos vulnerables (mulleres e en particular mulleres vítimas de violencia e mulleres embarazadas, mozos drogadictos, grupos marxinalizados).
- Accións que fomentan a prevención do SIDA e a non discriminación de persoas afectadas por este virus.
- Accións encamiñadas a permitir o acceso das poboacións vulnerables a condicións de vida dignas a través do acceso a servizos básicos (auga potábel, saneamento, vivendas en condicións de salubridade...).
Educación
- Accións que fomenten o acceso a unha educación primaria de calidade da poboación máis vulnerable.
- Accións, complementarias do sistema formal, dirixidas a mellorar a retención e o rendemento educativo no ensino media entre os sectores máis desfavorecidos da sociedade, con especial fincapé, en accións relativas ao ensino técnico e formación profesional.
- Integración laboral
- Accións tendentes á mellor e maior inserción de mulleres, mozos e grupos marxinados ao mercado laboral, con especial atención ás accións de capacitación laboral.
- Accións de apoio de iniciativas económicas solidarias en grupos vulnerables así como iniciativas de microcrédito.
Preservación do medio ambiente
- Accións que favorezan o coidado do medio ambiente entre a poboación e a súa inclusión na definición de políticas públicas.
- Accións que apoien o xurdimento de actividades económicas que sexan respectuosas co medio ambiente ao tempo que proporcionen ingresos adicionais a colectivos marxinados.

2. Reforzo da cohesión social. Financiaranse proxectos que apoien accións dos axentes non estatais que incidan na redución da pobreza e o aumento do grao de cohesión social a través de:
- Accións encamiñadas a unha maior inclusión desde un punto de vista educativo, social, e cultural de mulleres e mozos así como de colectivos discriminados.
- Accións dirixidas á eliminación das disparidades de xénero nas oportunidades e condicións de traballo, acceso á representación política e de decisión na empresa.
- Fomento da participación cidadá e reinserción social dos grupos máis marxinados da sociedade uruguaia.

3. Reforzo das capacidades da sociedade civil como axente de cambio. Fomentar a participación cidadá na elaboración e o monitoreo de políticas públicas, en particular a través do desenvolvemento de redes de organizacións civís que difundan boas prácticas dos seus membros e fomentan un diálogo entre os sectores máis vulnerables da poboación e as entidades públicas.

En termos territoriais, as accións só poderán realizarse no territorio de Uruguai e priorizaranse as propostas que se desenvolvan nas zonas máis desfavorecidas do país, como son as áreas periféricas das grandes cidades así como as zonas rurais que coadxuven a procesos de construción de autonomía a nivel local así como de desenvolvemento e identidade local.

As accións a financiar deberán garantir un enfoque multidimensional, a través de temas de carácter transversal que contribúan ao logro do obxectivo global de redución da pobreza, así como a aplicación das perspectivas de xénero e diversidade, dereitos humanos e democracia, integración de temas medioambientais e respecto do estado de dereito.


Destinatarios

- Persoas xurídicas sen ánimo de lucro
- Nacionais dun estado Membro da Unión Europea ou de Uruguai
- Que sexan axentes non estatais (ANE) conforme á lexislación en vigor en Uruguai ou nun estado Membro da Unión Europea, rexistrados como tales ao menos tres anos antes da data de presentación da solicitude (dous no caso de ANE de Uruguai)
- Capaces de demostrar que realizaron regularmente accións no ámbito do desenvolvemento e do tipo das cubertas polo presente programa polo menos durante os tres anos anteriores ao momento de presentar a solicitude (dous anos para ANE de Uruguai).
- Os beneficiarios da subvención deben ser directamente responsables da preparación e xestión da acción cos socios (non intermediarios).

Socios

Os solicitantes deberán presentarse como mínimo cun socio uruguaio, á marxe do solicitante e as accións presentadas por organismos europeos deben responder a unha iniciativa do socio local uruguaio. Consideraranse especialmente aquelas asociacións consolidadas de pequenas organizacións para os efectos de fortalecemento institucional e aquelas que inclúan máis dun socio. Os socios deberán reunir os requisitos de elixibilidade aplicables ao beneficiario mesmo.

Financiamento

Serán subvencionadas accións cun orzamento comprendido entre 100.000 e 400.000 euros.
No caso de propostas presentadas por Axentes non estatais do país socio (Uruguai), a subvención non poderá ser superior ao 90% do total dos custos elixibles da acción. O saldo deberá financiarse con fontes alleas ao orzamento da Comunidade Europea ou o Fondo Europeo de Desenvolvemento.
Para propostas presentadas por Axentes non estatais europeos, a porcentaxe de cofinanciación limítase a un máximo de 75% do total dos custos elixibles da acción
Ningunha subvención poderá ser inferior ao 50% do total dos custos elixibles totais da acción.

Orzamento total da convocatoria

450.000€ do orzamento 2008 aínda que un importe adicional de 1.000.000€ do orzamento de 2009 podería ser atribuído para esta convocatoria de propostas.

Duración do proxecto

A duración inicial prevista dunha acción non poderá ser inferior a 18 meses nin superior a 36.

Data límite de solicitude

10/06/2009

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante