Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EUROMED-HERITAGE IV

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

Reforzar o entendemento mutuo e o diálogo entre as culturas mediante a promoción do patrimonio cultural mediterráneo e maila sensibilización pública. O programa céntrase ademais na apropiación do patrimonio cultural pola poboación local e en facilitar o acceso e o coñecemento deste patrimonio.

Obxectivo específico da convocatoria

  1. Contribuír á sensibilización pública dos países mediterráneos en relación co seu patrimonio cultural e a súa diversidade, facilitar o seu acceso e promover unha xestión efectiva e integrada do mesmo.
  2. Promover unha repercusión económica e social do patrimonio cultural a nivel rexional e local.

Eidos de actuación

  • Campañas de información, educación e sensibilización sobre o patrimonio cultural.
  • Actividades promocionais e formativas mediante publicacións, manuais, ou guías redactadas nas linguas locais ou mediante cursos de formación sobre conservación do patrimonio dirixidas a profesionais do sector público ou privado.
  • Desenvolvemento de plans de conservación e promoción en colaboración coas autoridades nacionais.
  • Posta en práctica de novos enfoques de conservación e promoción do patrimonio material e inmaterial.
  • Actividades de irmandamento (norte-sur, sur-sur) para promover sinerxias de traballo no eido cultural como contribución ao desenvolvemento local.
  • Apoio á creación, deseño e xestión descentralizada de museos e apoio á modernización profesional (técnicas de marketing, comunicación...)
  • Iniciativas encaminadas a potenciar o papel das empresais locais artesanais na atracción do turismo e, viceversa, a importancia do turismo para a preservación dos métodos de produción da artesanía local.

Destinatarios

Consorcios formados por entidades de polo menos un Estado membro e dun país socio mediterráneo (Alxeria, Exipto, Israel, Xordanía, Líbano,Marrocos,Siria, Túnez, Gaza, Zona Palestina-Israelí). Estas entidades deben ser persoas xurídicas sen ánimo de lucro que traballen no eido da cultura como ONG, asociacións culturais, operadores culturais públicos ou privados, centros de investigación, universidades, administración pública a nivel local ou rexional ou organizacións internacionais. Poden igualmente participar no consorcio entidades do Espazo Económico Europeo, dos 18 países extracomunitarios beneficiarios do Instrumento de Vecindade ou Asociación ou dos 7 países beneficiarios da axuda pre-adhesión.

Financiamento

Prevese un financiamento de entre 500.000 e 1.500.000 euros por proxecto. Subvencionarase como máximo un 80% dos custos do proxecto. O 20% restante non poden proceder doutra fonte comunitaria. Como mínimo, o 40% dos gastos do proxecto deben destinarse ao país ou países mediterráneos membros do consorcio.

Orzamento total da convocatoria

13.500.000€

Duración do proxecto

Entre 24 e 48 meses.

Data límite de solicitude

15/02/2008

Documentación

Contacto

European Commission
EuropeAid Con el-operation Office, Unit EuropeAid La/5
Audits, Contracts and Finance Unit fuere Europe, Southern Mediterranean and Middle East
EUROMED HERITAGE IV
Office: J-54 – 01/230
B-1049 Brussels, Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante