Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Reforzando as capacidades dos axentes non estatais

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é apoiar accións que teñen como obxectivo reforzar as redes representativas da sociedade civil a nivel rexional, continental e global (é dicir, plataformas, unións) que sexan activas na cooperación ao desenvolvemento en países socios, así como as accións plurinacionais levadas a cabo por estas plataformas, abordando cuestións de interese global.

Eidos de actuación

As prioridades desta convocatoria de propostas serán:

  • Desenvolvemento de capacidades institucionais.
  • Capacitación das redes de organizacións da sociedade civil representativas para participar de maneira eficaz en diálogos con organizacións e con outras partes interesadas relevantes, e para ter un impacto significativo na creación de políticas a nivel rexional continental e/ou global.
  • Accións levadas a cabo por redes de organizacións da sociedade civil competentes, abordando problemas comúns a máis dunha rexión.
  • Accións levadas a cabo por organizacións da sociedade civil que promovan o reforzo/consolidación dunha contorna propicia para as actividades das organizacións da sociedade civil nos países da rexión PEV -Política Europea de Veciñanza-.
  • Accións levadas a cabo por organizacións da sociedade civil que fomenten as prioridades políticas da Asociación Oriental e as prioridades incluídas na Comunicación Conxunta ”Asociación para a democracia e a prosperidade compartida cos países do Mediterráneo Meridional”.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan Axentes Non Estatais ou plataformas representativas dos mesmos. Ademais deben posuír a nacionalidade dun dos países previstos no Anexo da Convocatoria ou dun Estado membro da UE.

Socios

Os socios deberán cumprir os mesmos requisitos que os solicitados ao beneficiario da subvención.

Financiamento

Toda subvención solicitada dentro desta Convocatoria de Propostas debe estar limitada ao 90% do total estimado de custos aceptados se o solicitante ten a nacionalidade dun país socio, e 75% do total estimado de custos aceptados da acción se o solicitante ten a nacionalidade dun estado membro da UE.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria é de 25,904,500 euros.

Duración do proxecto

A duración das accións levadas a cabo en ningún caso poderá ser inferior a 24 meses.

Data de publicación

01/11/2011

Data límite de solicitude

01/02/2012

Documentación

Contacto

Os solicitantes poderán enviar as súas preguntas relativas ao formulario completo de solicitude a EuropeAid-Globalcalls@ec.europa.eu

Os documentos de síntese deben enviarse só por e-mail á seguinte dirección: EuropeAid-NSA-Multicountry@ec.europa.eu

Comentarios

A presente Convocatoria de Propostas é restrinxida. Nun primeiro momento só poderán presentarse os Documentos de Síntese para a súa avaliación. Posteriormente, os solicitantes cuxos Documentos de Síntese fosen preseleccionados serán convidados a presentar unha Solicitude Completa.

A presente convocatoria corresponde a dous programas europeos: o Instrumento de Financiamento da Cooperación ao Desenvolvemento e o Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante