Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Cunca Mediterránea do Instrumento Europeo de Veciñanza e Asociación (ENPI CBC MED). Convocatoria 2011

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

O obxectivo consiste en contribuír a promover o proceso de cooperación sustentable e harmonioso na Cunca do Mediterráneo, ao abordar os retos comúns e mellorar o seu potencial endóxeno.

Eidos de actuación

As prioridades neste eido serán as seguintes:

  • Promoción do desenvolvemento socio-económico e a mellora dos territorios
  • Promoción da sustentabilidade medioambiental no nivel da Cunca Mediterránea
  • Promoción de mellores condicións e modalidades para garantir a mobilidad das persoas, bens e capitais
  • Promoción do diálogo cultural e a gobernanza local

Destinatarios

Os interesados deben estar constituídos como un dos tipos de asociacións que recolle a Guía de Solicitantes (ver convocatoria). Ademais deben estar establecidos nunha das rexións que parcicipan no programa que, no caso de España son Andalucía, Murcia, Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Ceura e Melilla.

Socios

Para proxectos estratéxicos, as asociacións deben representar un mínimo de 4 países e incluirán polo menos 1 país da UE do Mediterráneo e 1 país mediterráneo asociado.
As Organizacións Internacionais contempladas na convocatoria non contribuen ao cumprimento dos mencionados requisitos mínimos de cooperación.

Financiamento

O Programa financia un máximo do 90% do total de custos subvencionables do orzamento dos proxectos, mentras que a co-financiación dun mínimo do 10% terá que ser proporcionada a nivel de proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global do programa para o periodo 2007 - 2013 é de 173.607.324 euros, dos cais 156.246.591 euros se adicarán á financiación de proxectos.
A cantidade estimada baixo esta convocatoria ascende a 62.400.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dun proxecto debe estar entre 24 e 36 meses

Data de publicación

05/05/2011

Data límite de solicitude

14/07/2011

Documentación

Contacto

Branch office for the Western Mediterranean – Valencia
Generalitat Valenciana
C/ Cronista Carreres 11, 4º
46003 Valencia – Spain
Tel: +34 96 192 26 31
Fax: +34 96 192 26 11
enpicbcmed_valencia@gva.es

Comentarios

Esta é unha convocatoria de propostas restrinxida, é dicir, a presentación e avaliación das solicitudes de proxectos realízase en dúas fases.

As solicitudes deben presentarse en inglés ou francés e serán enviadas á seguinte dirección:
Regione Autonoma della Sardegna - Presidenza
Autorità di Gestione Comune del Programma ENPI CBC Bacino del Mediterraneo
Via Bacaredda 184
09127 Cagliari - Italia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante