Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Actividades Culturais en Exipto 2011.- EuropeAid/131155/L/ACT/EG

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

Contribuir á diversidade das creacións culturais e promover a cultura dos Dereitos Humáns.

Obxectivo específico da convocatoria

Financiar propostas que traten en particular de mellorar a situación do sector das artes e o acceso ás expresións artísticas e culturais en Exipto. Promover a producción e distribución da arte contemporánea exipcia, e conectala con outras tendencias artísticas rexionais e europeas. Promover o acceso á cultura en todo o país.

Eidos de actuación

Os proxectos deben centrarse na promoción das artes contemporáneas e contribuir á cultura dos Dereitos Fundamentais e especialmente á libertade de expresión.
En concreto, deben de terse en consideración os recentes desenvolvementos políticos en Exipto.
As accións deben ter lugar en Exipto.

Destinatarios

1) Entidades legais rexistradas en Exipto no momento da solicitude, que sexan nacionais dun Estado Membro da UE ou de algún dos seguintes países:
• Exipto, ou calquera outro país que sexa beneficiario do Instrumento da política de Veciñanza da UE (Algeria,Armenia, Azerbaijan, Belarus, Georgia, Israel, Jordan, Lebanon, Libia, Moldova, Marruecos, Palestina y Gaza, Rusia, Siria, Tunez,Ucrania)
• Estados membros del EEA: Islandia, Lichtenstein ou Noruega
• Croacia, República Yugoslava de Macedonia, Turquía, Albania, Bosnia e Herzegovina, Montenegro, Serbia, incluido Kosovo)
2) Organizacións Internacionais.

Socios

Deben cumprir cos mismos requisitos que os solicitantes e compartir os custes, deseño e xestión da acción.

Orzamento total da convocatoria

220.000 euros

Duración do proxecto

As accións terán unha duración de entre 3 e 15 meses.

Data de publicación

29/03/2011

Data límite de solicitude

02/06/2011

Documentación

Contacto

Delegation of the European Union to Egypt
Head of Contracts and Finance Section
37, Gamaet El Dowal El Arabeya St.
El Fouad Building, 11th floor
Mohandessin, Giza (Cairo)
Egypt

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante