Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de acción Mocidade Euromediterránea IV

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é apoiar e fortalecer a participación e a contribución das organizacións xuvenís e mozos da rexión euro-mediterránea cara o desenvolvemento da sociedade civil e a democracia.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos da presente convocatoria de propostas son:

• Estimular e fomentar o entendemento mutuo entre os mozos dentro da rexión Euro-mediterránea e loitar contra os estereotipos e prexuizos.
• Para promover a cidadanía activa entre os mozos e mellorar o seu sentido da solidaridade.
• Contribuir ao desenvolvemento de políticas de mocidade nos distintos países socios.

Eidos de actuación

Segundo esta convocatoria prevense tres tipos de accións diferentes:

  • Intercambio de mozos da rexión Euromediterránea
  • Servizo de voluntariado dos mozos
  • Formación e traballo en rede dos mozos da rexión Euromediterránea

Ademais destas accións prevense unha serie de asuntos prioritarios como: protección do medioambiente, loita contra o racismo e a xenofobia, apoio á igualdade de xénero, respeto aos dereitos humanos, etc.

Destinatarios

Persoas legais rexistradas no estado palestino que non teñan ánimo de lucro. Ademais, deben ser ONG, operadores do sector público, entidades locais, etc. que desenvolvan actividades para a mocidade.

Socios

Cada proxecto financiado debe ser coordinado polo solicitante do país IEVA (Arxelia, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Autoridade Palestina, Túnez), e incluirá polo menos un socio dos 27 Estados membros da Unión Europea.

Financiamento

As subvencións outorgadas en virtude da presente convocatoria estarán comprendidas entre os seguintes mínimos e máximos
porcentaxes do gasto total subvencionable da acción
• Porcentaxe mínima: 50% do total dos custos subvencionables estimados da acción. A cantidade mínima outorgada ascenderá a 5000 euros.
• Porcentaxe máxima: 80% do total dos custos subvencionables estimados da acción. A cantidade outorgada non poderá superar os 25000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria ascende a 384 480 euros

Duración do proxecto

A duración do programa depende do tipo de Acción que se esté desenvolvendo e oscilará entre os 6 e os 12 meses

Data de publicación

12/04/2011

Data límite de solicitude

31/01/2013

Documentación

Contacto

Palestine EuroMed Youth Unit
Forth Floor (Side-Northern Entrance) Al-Irsal Bldg.
Al-Irsal Street, Ramallah
Tel.: 02-2962722
Fax: 02-02962722

As dúbidas con respecto a esta convocatoria poden consultarse na seguinte dirección: EMYU.Palestine@euromedyouth.net

Comentarios

Tódalas solicitudes deben ser presentadas en inglés.
Existen varios prazos para poder presentar as solicitudes de participación en función de cando se queira levar a cabo a acción.
Os requisitos e condicións particulares varían considerablemente en función da Acción que esté previsto desenvolver polo que se recomenda consultar a Guía do solicitante para unha información máis precisa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante