Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de Actividades Culturais en Palestina

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

O obxectivo globas desta convocatoria de propostas é o reforzo da cooperación rexional e a integración Sur-Sur a través da promoción do diálogo e do intercambio entre culturas.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria de propostas son:

- a proteción e promoción do patrimonio cultural palestino e a vida cultural e a xeración de coñecemento tanto a nivel local como internacional;

- a promoción da cooperación intercultural entre a UE e os socios mediterráneos;

- a promoción da visibilidade da Asociación Euro-Mediterránea.

Eidos de actuación

En liña coa estratexia da Autoridade Palestina para o sector da cultura, darase prioridade ás actividades para:
- Promover a creatividade de artistas palestinos a través do intercambio entre os artistas contemporáneos no territorio palestino ocupado e na rexión Euro-Mediterránea.
- Promover amplamente a preservación e o coñecemento da herdanza cultural palestina, tanto a nivel nacional como internacional, involucrando especialmente aos mozos, mulleres e nenos.
- Promover a participación cultural para a consolidación da cohesión social.
- O uso dos medios de comunicación na promoción de actividades culturais.
- Prestarase especial atención aos proxectos na zona norte e o sur de Cisxordania.

Destinatarios

Persoas legais sen ánimo de lucro que sexan ONG, entidade do sector público ou autoridades locais.
Deben ser dun Estado membro da Unión Europea ou dun País Asociado Mediterráneo (ver lista na convocatoria).

Socios

A participación pode ser individual ou con entidades asociadas

Financiamento

As axudas concedidas nesta convocatoria cubrirán entre un mínimo do 51% e un máximo do 80% dos custos elexibles. En concreto, as cantidades outorgadas irán desde 20 000 euros a 50 000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a 500 000 euros

Duración do proxecto

A duración estimada destas accións xirará entre os 5 e os 12 meses.

A data de inicio prevista dos mesmos non pode ser anterior ao 1 de febreiro del 2012.

Data de publicación

01/04/2011

Data límite de solicitude

01/06/2011

Documentación

Contacto

Para máis información pode consultar o sitio web www.delwbg.ec.europa.eu ou tamén remitir a súa consulta á seguinte dirección: DELEGATION-WEST-BANK-GAZA-CULTURE@ec.europa.eu

Comentarios

Esta convocatoria será aberta e polo tanto tódolos documentos serán presentados na primeira fase.
Para realizar unha solicitude é preciso o rexistro previo en PADOR.
A solicitude debe ser redactada en inglés.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante