Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Integración de políticas e práctica entre Europa e Asia

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta acción é contribuir ao establecemento dunha paz xeral, equitativa e dunha asociación mutuamente beneficiosa entre Asia e Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

Fomentar un enfoque integrado para a formulación e a práctica de todas aas dimensións da política de desenvolvemento sustentable para a UE e Asia, para mellorar a comprensión dos responsables políticos europeos e asiáticos dos marcos da política actual e futura e as prácticas destinadas a mellorar a asociación UE-Asia.

Eidos de actuación

Estudos para identificar e avaliar os enfoques innovadores para a política de desenvolvemento sustentable con enfoque sobre o papel da coherencia política.
Difusión e virtualización dos resultados. Os resultados da actividade difundiranse a través de publicacións, talleres, seminarios ou conferencias e ademais serán accesibles a través dunha plataforma en liña.

Destinatarios

Institucións de educación superior ou organizacións non gobernamentais especializadas na investigación das relacións entre Europa e Asia.
Deberán ser asociacións sen ánimo de lucro e pertencer a un dos estados elexibles da UE ou Asia.

Socios

Mínimo de 3 socios con alomenos 1 dun país asiático elexible e 1 dun Estado membro.

Financiamento

Ata 80% dos custos elexibles de cada acción

Orzamento total da convocatoria

1 000 000 euros

Duración do proxecto

Entre 30 e 36 meses

Data de publicación

20/12/2010

Data límite de solicitude

31/03/2011

Documentación

Contacto

European Commission
EuropeAid Co-operation Office
Directorate D, Asia
Unit D3, Finances. Contracts and Audit
Office: J-54, 8/16
B-1049, Brussels

Comentarios

As accións só poden ter lugar nalgún dos países que se recollen na convocatoria.
As solicitudes deben ser rexistradas a través do programa PADOR.
Para información adicional: EuropeAid-CALL-FOR-PROPOSALS-EU-ASIA@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante