Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Actividades culturais en Exipto 2010

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento do sector cultural e os seus actores en Exipto, ca intención de promover a diversidade de expresións culturais.

Obxectivo específico da convocatoria

Financiar propostas que traten en particular de mellorara situación do sector das artes e o acceso ás expresións artísticas e culturais en Exipto. Existen tamén unha serie de obxectivos secundarios e non obrigatorios, como facilitar a transmisión de coñecemento e a interacción entre artistas exipcios entre si, cos da súa rexión ou cos da UE, promover asociacións no sector artístico, con organizacións europeas, do Mediterráneo ou locais e fomentar ou crear asociacións entre os institutos culturais dos membros da UE, e as súas seccións en Exipto.

Eidos de actuación

Os proxectos deben centrarse na promoción das artes contemporáneas, o cal inclúe todo tipo de expresións artísticas, música, danza, teatro, cine, escultura, pintura, arquitectura, literatura, escritura, fotografía, etc.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas, ser nacionais dun Estado membro da UE ou de Exipto, ou dalgún dos países que se benefician do Instrumento de Política de Veciñanza ou do Espazo Económico Europeo, Balcáns Occidentais e Turquía. Tamén deben estar rexistradas legalmente en Exipto (excepto os centros culturais, organizacións dun Estado membro da UE ou organizacións internacionais) desde 2 anos antes da solicitude da subvención. Finalmente, os solicitantes deben ser responsables da preparación e xestión da acción cos seus socios.

Socios

Deben cumprir cos mesmos requisitos que os solicitantes e compartir os custes, deseño e xestión da acción, pero a súa participación non é unha “conditio sine qua non” para os destinatarios.

Financiamento

Os proxectos poden obter un financiamento de entre o 25% e o 80% dos custes totais.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento de 200000€.

Duración do proxecto

Entre 3 e 15 meses.

Data límite de solicitude

18/04/2010

Documentación

Contacto

Enderezo de correo electrónico: delegation-egypt-cfp-culture@ec.europa.eu
FAX: (+20 2) 374 95357

Comentarios

A cantidade mínima da subvención é de 25000€ e a máxima é de 75000€.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante