Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fortalecemento do Nivel de Educación Superior da República de Armenia AM/13/ENP/OT/13

Programa

INSTRUMENTO EUROPEO DE VECIÑANZA E ASOCIACIÓN (IEVA)

Obxectivo xeral

Mellorar o nivel de educación superior en Armenia grazas á integración no Espazo de Integración de Educación Europeo

Obxectivo específico da convocatoria

- Revisión do marco lexislativo de educación superior para a identificación de falta de datos e dificultades que impidan o Procedemento Bolonia
- Formación de traballadores designados do Ministerio de Educación e Ciencia para adoptar as regulacións e reformas enfocadas a resultados.
- Formación de traballadores designados do Centro Nacional para Fundación da Seguridade Da Calidade Educativa co fin de adoptar as regulacións e reformas enfocadas a resultados(ANQA)
- Certos traballadores das 26 universidades públicas serán adestrados para escribir os resultados dos programas, os logros obtidos polos estudantes e a relación entre eses resultados segundo os niveis do ANQF. Cada universidade deberá desenvolver unha metodoloxía para a aplicación de créditos ECTS nos programas e módulos educativos para cumprir cos requirimentos do ANQF. Un mellor uso dos módulos ECTS levará a unha maior flexibilidade e unha mellor mobilidade dos estudantes
- O ANQF cumprirá cos requirimentos dos empregados e os graduados para o mercado laboral armenio e coas obrigas do Inventario do Proceso Boloña para o encontro de Iereván no 2015.

Eidos de actuación

Educación e formación

Destinatarios

Autoridades e expertos na materia dun dos Estados membros da UE

Socios

O proxecto contará cun Líder do Proxecto, un Conselleiro Residente de Irmandamentos e unha serie de expertos a curto prazo.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000€

Duración do proxecto

24 meses

Data de publicación

24/06/2013

Data límite de solicitude

03/09/2013

Documentación

Contacto

Sra. Karine Haruyunyan
Governmeny Building 3, Republic Square, 0010 Iereván, República de Armenia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante