Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promoción do Consumo e a Produción sustentable

Programa

SWITCH ASIA

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do Programa SWITCH Asia é, a través da promoción do crecemento sustentable, contribuír á prosperidade económica e a redución da pobreza en Asia e mitigar os efectos do cambio climático.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico é promover a produción sustentable (é dicir, o desenvolvemento de produtos, procesos e servizos menos contaminantes e máis eficientes), os patróns de consumo e comportamentos sustentables en Asia, a través dunha mellor comprensión e fortalecemento da cooperación entre Europa e Asia e en Asia, en particular mediante a mobilización do sector privado, as pemes, o produtor intermediario e organizacións de consumidores, o sector financeiro, xunto coas autoridades do sector público.

Eidos de actuación

- Desenvolvemento de proxectos baseados nas accións impulsadas pola demanda local co obxectivo de promover o consumo e a produción sustentable en Asia e fomentar a cooperación UE-Asia.
- Intercambio e difusión das experiencias do proxecto e o seu impacto no incremento do diálogo político.
- Desenvolver un instrumento de apoio ás políticas de consumo e produción sustentables que asegure que asegure a continuidade no tempo destas accións.

Destinatarios

Persoas legais sen ánimo de lucro tales como ONGs, autoridades locais e internacionais...que deben pertencer a un Estado membro ou a Lichtenstein, Islandia ou Noruega.

Socios

Como mínimo é preciso un socio dun país Estado miembro da UE e un socio dun país elexible de Asia.

Financiamento

O financiamento ascende a un 80% dos custos elexibles, podendo chegar ata un 90% para os países menos desenvolvidos.
As cantidades subvencionadas estarán entre un mínimo de 500.000 euros e un máximo de 2 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a a 24 650 000 euros

Duración do proxecto

A duración estimada dos proxectos estará entre 24 e 48 meses.

Data de publicación

22/12/2010

Data límite de solicitude

14/03/2011

Documentación

Contacto

European Commission
EuropeAid Co-operation Office
Directorate D, Asia including Central Asia
Unit D3, Finances, Contracts and Audits
Office: J/54 8/14
B-1049 Brussels, Belgium

Comentarios

Trátase dunha convocatoria restrinxida e por tanto na primeira fase só se entregarán documentos resumen. Os que resulten preseleccionados deberán entregar a solicitude completa.

As solicitudes deben ser presentadas en inglés.

O prazo límite para presentar os documentos resumen finaliza o 14 de marzo. Na segunda fase para presentar as solicitudes completas o prazo finalizaría en xuño.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante