Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas LIFE+ 2013.

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

Contribuír á aplicación, actualización e desenvolvemento da política e a lexislación comunitarias en materia de medio ambiente, incluída a integración do medio ambiente noutras políticas, o que contribuirá ao desenvolvemento sostible.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Natureza e biodiversidade LIFE+:
Protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres, co fin de deter a perda de biodiversidade, e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos, na Unión Europea.

2. Política e gobernanza medioambientais LIFE+:
Propostas relacionadas con algunha das seguintes áreas temáticas, dentro das bases da convocatoria: cambio climático, auga, aire, solo, medio ambiente urbano, ruído, produtos químicos, medio ambiente e saúde, recursos naturais e residuos, bosques, innovación, enfoques estratéxicos.

3. Información e Comunicación LIFE+:
Divulgar información e fomentar a sensibilización arredor dos temas medioambientais, incluída a prevención de incendios forestais; respaldar as medidas de acompañamento como información, actividades e campañas de comunicación, conferencias e formación, incluída a formación en prevención de incendios forestais.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espacio Económico Europeo (EEE), Países Candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (AELC).

Destinatarios

Entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A asignación financeira nacional indicativa no caso español ascende a 27.346.823€. A porcentaxe de financiación máxima oscilará entre 50% e 75% no caso de “proxectos sobre natureza e biodiversidade”. Os proxectos de “política e gobernanza medioambientais”, así como os proxectos incluídos baixo o rótulo “información e comunicación” terán unha financiación máxima do 50%.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento global de 278 M€.

Data de publicación

19/02/2013

Data límite de solicitude

25/06/2013

Documentación

Contacto

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente
Mr. Luis Ángel Díez Orejas
Subdirector Xeral da Oficina Orzamentaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
E - 28071 Madrid
Tel +34 91 347 52 31; +34 91 347 52 22
E-mail: bzn-life@magrama.es
View the website: http://www.magrama.gob.es/es/ayudas-y-subvenciones/otros/programa-life/default.aspx

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante