Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas LIFE+ (2007)

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral de LIFE+ é contribuír á aplicación, actualización e desenvolvemento da política e lexislación comunitaria en materia ambiental, incluída a integración noutras políticas, co que se contribuirá ao desenvolvemento sostible. En particular, respaldará a aplicación do Sexto Programa de Acción en Materia de Ambiente (6º PMA), incluídas as estratexias temáticas e financiará medidas e proxectos con valor engadido europeo nos Estados membros.

Obxectivo específico da convocatoria

LIFE+ divide as súas actividades en 3 áreas específicas de actuación:

  • Life + Natureza e Biodiversidade: protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais, a flora e a fauna silvestres, co fin de deter a perda de biodiversidade e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos na Unión Europea de aquí a 2010.
  • Life + Política e Governanza Ambiental:
    • cambio climático: estabilizar a concentración de gases de efecto invernadoiro nun nivel que impida un quecemento global superior a 2ºC.
    • auga: contribuír á mellora da calidade da auga, desenvolvendo medidas rendibles para conseguir un bo estado ecolóxico con vistas a elaborar o primeiro plan hidrográfico de bacía segundo a Directiva Marco da Auga, a máis tardar en 2009.
    • aire: acadar niveles de calidade do aire que non dean lugar a riscos ou efectos negativos na saúde humana e no ambiente.
    • solo: protexer e garantir un uso sostible do solo, conservando as funcións dos solos degradados.
    • ambiente urbano: contribuír a mellorar o comportamento ambiental das zonas urbanas europeas.
    • ruído: contribuír ao desenvolvemento e aplicación de políticas en materia de ruído ambiental.
    • produtos químicos: mellorar a protección do ambiente e da saúde fronte aos riscos que supoñen os produtos químicos a máis tardar en 2020 mediante a aplicación da lexislación nesa materia, en especial o Regulamento (CE) 1907/2006 do Parlamento e do Consello (REACH) e a estratexia temática sobre o uso sostible de praguicidas.
    • ambiente e saúde: desenvolver a información de base para a política en materia de ambiente e saúde (Plan de Acción Ambiente e Saúde para 2004-2010).
    • recursos naturais e residuos: desenvolver e aplicar políticas dirixidas a garantir a xestión e o uso sostibles dos recursos naturais e os residuos, mellorando o comportamento ambiental dos produtos, os modelos de produción e consumo sostibles e a prevención, recuperación e reciclaxe de residuos.
    • bosques: proporcionar a través dunha rede de coordinación da UE unha base de información concisa e completa para a elaboración de políticas.
    • innovación: contribuír ao desenvolvemento e demostración de enfoques políticos, tecnoloxías, métodos e instrumentos innovadores para apoiar a aplicación do Plan de Actuación a favor das Tecnoloxías Ambientais (PATM).
    • enfoques estratéxicos: fomentar a aplicación e execución efectivas da lexislación ambiental comunitaria e mellorar a base de coñecementos para a política ambiental; mellorar o comportamento ambiental das pemes.
  • Life + Información e Comunicación: garantir un fluxo de información regular e eficaz para proporcionar unha base para a toma de decisións no ámbito da política ambiental e para proporcionar aos cidadáns información accesible sobre a situación e as tendencias do ambiente.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por persoas xurídicas rexistradas nalgún dos Estados membros da UE, podendo recibir financiamento organismos públicos e privados, axentes e institucións.

Financiamento

  • Life + Natureza e Biodiversidade: máximo de 50% dos gastos subvencionables, ampliable de maneira excepcional ao 75% naquelas propostas destinadas aos hábitats e especies prioritarias.
  • Life + Política e Governanza Ambiental: máximo do 50%, ou do 30% no caso das propostas que xeren uns ingresos elevados.
  • Life + Información e Comunicación: máximo do 50%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global da convocatoria é de 187 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non hai unha duración preestablecida. A modo indicativo, proponse unha duración media entre 2 e 5 anos.

Data límite de solicitude

30/11/2007

Documentación

Contacto

María José Tegel Bordón
Subdirectora General de Programación y Control Presupuestario
Ministerio de Medio Ambiente
Plaza San Juan de la Cruz, s/n
28701 Madrid
Tfo: +34 91 597 60 53
MTB@mma.es

Comentarios

A data para a presentación de propostas ante as autoridades nacionais finaliza o 30 de novembro de 2007.
Posteriormente, as autoridades nacionais teñen de prazo ata o 15 de xaneiro de 2008 para presentar as solicitudes perante a Comisión.
Importante: as propostas deben presentarse obrigatoriamente en inglés.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante