Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

LIFE+ 2012

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

O obxectivo principal de LIFE é contribuír á execución, actualización e desenvolvemento da política e lexislación medioambiental da UE co- financiando proxectos piloto ou de demostración con valor engadido europeo.

Eidos de actuación

1) Natureza e biodiversidade LIFE+
Obxectivo principal: protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres, có fin de deter a perda de biodiversidade, e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos, na Unión Europea.
2) Política e gobernanza ambientais LIFE+
Obxectivos principies: Cambio climático, Auga, Aire, Solo, Medio ambiente urbano, Ruído, Produtos químicos, Medio ambiente e saúde, Recursos naturais e residuos, Bosques, Innovación, Enfoques estratéxicos.
3) Información e Comunicación LIFE+
Obxectivo principal: divulgar información e fomentar a sensibilización en torno aos temas ambientais, incluída a prevención de incendios forestais; y apoiar as medidas de acompañamento como información, actividades e campañas de comunicación, conferencias e formación, incluída a formación en prevención de incendios forestais.

Destinatarios

As entidades establecidas nos Estados membros da Unión Europea, tanto institucións como axentes ou organismos públicos ou privados.

Financiamento

A taxa máxima de co financiamento é do 50%.
Excepcionalmente, aplicarase unha porcentaxe máxima de co financiamento de ata un 75 % ás propostas dedicadas a hábitats ou especies prioritarias recollidas nas Directivas sobre aves e hábitats.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 276 710 000 euros.

Data de publicación

13/03/2012

Data límite de solicitude

26/09/2012

Documentación

Contacto

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Ms. Maria José TEGEL BORDÓN
Subdirectora General de la Oficina Presupuestaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
E - 28071 Madrid
Tel +34 91 347 52 31; +34 91 347 52 22
E-mail:bzn-life@marm.es

Comentarios

O 15 de marzo de 2012 a Subsecretaría do Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente e Alimentación aproba unha resolución pola que se anuncia o prazo de presentación de solicitudes de axuda a proxectos susceptibles de ser financiados polo Instrumento Financeiro LIFE da Unión Europea, nos ámbitos temáticos de LIFE Natureza e Biodiversidade, LIFE Política e Gobernanza ambientais e LIFE Información e Comunicación, convocatoria 2012. (BOE do 21.03.2012)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante