Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

BEST: Sistema voluntario de protección da biodiversidade e os servizos ecosistémicos nos territorios europeos de ultramar

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral será a conservación da biodiversidade y o fomento do uso sustentable dos servizos ecosistémicos nas rexións ultraperiféricas e nos países e territorios de ultramar, con vistas a conciliar as necesidades medioambientais e de desenvolvemento desas rexións.

Eidos de actuación

- Promover a creación e a xestión eficaz de áreas protexidas marinas e terrestres nas rexións ultraperiféricas e os países e territorios de ultramar.
- Aplicar unha xestión sustentable dos recursos mariños e terrestres, o que contribuirá a protexer especies, os hábitats e as funcións dos ecosistemas fóra das áreas protexidas.
- Fortalecer a conservación e utilización sustentable da biodiversidade e os servizos dos ecosistemas nas rexións ultraperiféricas e os países e territorios de ultramar.
- Alentar y facilitar o traballo transfronteirizo, en especial o relativo á implementación do CITES1 e das tres Convencións de Río.
- Desenvolver novos mecanismos para incrementar os recursos.

Destinatarios

Os solicitantes e os seus asociados deben ser axentes e institucións públicos ou privados, e deberán estar rexistrados nun Estado membro ou nun país ou territorio de Ultramar, ou ben ser unha organización internacional.

Socios

Os socios de terceiros países tamén son elexibles

Financiamento

A cantidade máxima subvencionada será do 95% dos custos elexibles da acción

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria ascende a 2 000 000 euros

Duración do proxecto

A duración recomendada da acción será de entre 12 e 36 meses

Data de publicación

23/05/2011

Data límite de solicitude

09/09/2011

Documentación

Contacto

European Commission
DG ENV B2
BU-5 03/043
B-1049 Brussels
Fax (00) (32-2) 297 96 93
Email: ENV-BEST@ec.europa.eu

Comentarios

Recoméndase enviar ademais unha ”declaración de intencións” onde se presente unha proposta acompañada dunha breve descripción e/ou a proposta en formato pdf a ENV-BEST@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante