Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas LIFE+ (2011)

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral de LIFE+ é contribuír á aplicación, actualización e desenvolvemento da política e a lexislación comunitarias en materia de medio ambiente, incluída a integración do medio ambiente noutras políticas, contribuíndo así ao desenvolvemento sostible.

Eidos de actuación

1. Natureza e biodiversidade LIFE
Obxectivo principal: protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres, coa finalidade de deter a perda de biodiversidade, e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos, na Unión Europea.

2. Política e gobernanza ambientais LIFE

Obxectivos principais:

  • Cambio climático: estabilizar a concentración de gases de efecto invernadoiro nun nivel que impida un quentamento global superior a 2º C.

  • Auga: contribuír á mellora da calidade da auga desenvolvendo medidas rendibles para conseguir un bo estado ecolóxico con vistas a elaborar planos hidrográficos de conca con arranxo á Directiva 2000/60/CE (Directiva marco da auga).

  • Aire: acadar niveis de calidade do aire que non dean lugar a riscos ou efectos negativos significativos na saúde humana e o medio ambiente.

  • Chan: protexer e garantir un uso sustentable do chan conservando as súas funcións, evitando as ameazas para o chan, reducindo os efectos das mesmas e restaurando os chans degradados.

  • Medio ambiente urbán: contribuír a mellorar o comportamento ambiental das zonas urbanas europeas.

  • Ruído: contribuír ao desenvolvemento e a aplicación de políticas en materia de ruído ambiental.

  • Produtos químicos: mellorar a protección do medio ambiente e a saúde fronte aos riscos que supoñen os produtos químicos como moi tarde en 2020 mediante a aplicación da lexislación sobre
    produtos químicos, en especial o Regulamento (CE) nº 1907/2006 (REACH) e a estratexia temática sobre o uso sustentable dos praguicidas.
  • Medio ambiente e saúde: desenvolver a información de base para a política de medio ambiente e saúde (Plan de Acción Medio Ambiente e Saúde para 2004-2010).
  • Recursos naturais e residuos: desenvolver e aplicar políticas dirixidas a garantir a xestión e o uso sustentables dos recursos naturais e os residuos, mellorando o comportamento medioam­biental dos produtos, os modelos de produción e consumo sustentables e a prevención, recu­peración e reciclado de residuos; contribuír á aplicación efectiva da Estratexia Temática sobre Prevención e Reciclado de Residuos.
  • Silvicultura: proporcionar, especialmente a través dunha rede de coordinación da UE, unha base completa e concisa de información pertinente a efectos da elaboración de políticas en campos tales
    como o forestal, o cambio climático (impacto nos ecosistemas forestais, atenuación, efectos de substitución), a biodiversidade (información de base e zonas forestais protexidas), os incendios
    forestais, a situación dos bosques e a súa función protectora (auga, chan e infraestruturas), así como contribuír á protección dos bosques contra os incendios.
  • Innovación: contribuír ao desenvolvemento e a demostración de enfoques políticos, tecnoloxías, métodos e instrumentos innovadores para apoiar a aplicación do Plan de Actuación a favor das Tecnoloxías
    Ambientais (ETAP).
  • Enfoques estratéxicos: fomentar a aplicación e execución efectivas da lexislación ambiental da Unión Europea e mellorar a base de coñecementos para a política ambiental; mellorar o comportamento ambiental da PEME.

3. Información e Comunicación LIFE
Obxectivo principal: divulgar información e fomentar a sensibilización ao redor dos temas medioambien­tales, incluída a prevención de incendios forestais; apoiar as medidas de acompañamento como
información, actividades e campañas de comunicación, conferencias e formación, incluída a formación en prevención de incendios forestais.

Destinatarios

Poderán presentar propostas as entidades establecidas nos Estados membros da Unión Europea, tanto as institucións como los axentes ou organismos públicos ou privados.

Socios

Non é necesario presentar proxectos conxuntos con entidades doutros Estados membro.

Financiamento

1. Proxectos sobre natureza e biodiversidade LIFE
A porcentaxe da contribución financeira da Unión Europea ascenderá como máximo ao 50 % dos gastos subvencionables.
Excepcionalmente, aplicarase unha porcentaxe máxima de cofinanciación de ata un 75 % ás propostas dedicadas a hábitats ou especies prioritarias recollidas nas Directivas sobre aves e
hábitats.

2. Política e gobernanza ambientais LIFE
A porcentaxe da contribución financeira da Unión Europea ascenderá como máximo ao 50 % dos gastos subvencionables.

3. Información e Comunicación LIFE
A porcentaxe da contribución financeira da Unión Europea ascenderá como máximo ao 50 % dos gastos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento xeral para as subvencións das actividades dos proxectos de LIFE+ en 2011 é de 267 millóns de euros.
Alomenos un 50 % do importe asignarase a medidas de apoio á conservación da natureza e a biodiversidade.

Data de publicación

28/02/2011

Data límite de solicitude

18/07/2011

Documentación

Contacto

CONTACTO ESPAÑA

Ms María José TEGEL BORDÓN
Subdirectora General de la Oficina Presupuestaria
Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino
Plaza San Juan de la Cruz, s/n
E-28071 Madrid
Tel: +34 91 347 52 31; +34 91 347 52 22
E-Mail: buzon-sgpcp@mma.es

Comentarios

A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia organiza unha xornada informativa deste programa o 8 de abril de 2011

As propostas de proxectos presentaranse ás autoridades nacionais competentes antes do 18 de xullo de 2011 e enviaranse ás autoridades nacionais do Estado membro no que estea rexistrado o beneficiario. A continuación, as autoridades nacionais presentarán as propostas á Comisión antes do 9 de setembro de 2011.

As propostas completadas presentaranse en CD-ROM OU DVD.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante