Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas LIFE+ (2010)

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral de LIFE+ é contribuír á aplicación, actualización e desenvolvemento da política e a lexislación comunitarias en materia de medio ambiente, incluída a integración do medio ambiente noutras políticas, contribuíndo así ao desenvolvemento sostible.

Eidos de actuación

1. Natureza e biodiversidade LIFE+ :

Obxectivo principal: protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres, co fin de deter a perda de biodiversidade, e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos, na Unión Europea de aquí a 2010.

2. Política e gobernanza medioambientais LIFE+:
Obxectivos principais:

• Cambio climático: estabilizar a concentración de gases de efecto invernadoiro nun nivel que impida un quecemento global superior a 2°C.

• Auga: contribuír á mellora da calidade da auga desenvolvendo medidas rendibles para conseguir un bo estado ecolóxico con vistas a elaborar o primeiro plan hidrográfico de acordo coa Directiva 2000/60/CE (Directiva marco do auga).

• Aire: acadar niveis de calidade do aire que non dean lugar a riscos ou efectos negativos significativos na saúde humana e no medio ambiente.

• Solo: protexer e garantir un uso sostible do solo conservando as súas funcións, evitando as ameazas, reducindo os efectos das mesmas e restaurando os solos degradados.

• Medio ambiente urbano: contribuír a mellorar o comportamento medioambiental das zonas urbanas europeas.

• Ruído: contribuír ao desenvolvemento e á aplicación de políticas en materia de ruído ambiental.

• Produtos químicos: mellorar a protección do medio ambiente e a saúde fronte aos riscos que supoñen os produtos químicos a máis tardar en 2020 mediante a aplicación da lexislación sobre produtos químicos, en especial o Regulamento (CE) non 1907/2006 (REACH) e a estratexia temática sobre o uso sostible dos sulfatos.

• Medio ambiente e saúde: desenvolver a información de base para a política de medio ambiente e saúde (Plan de Acción Medio Ambiente e Saúde para 2004-2010).

• Recursos naturais e residuos: desenvolver e aplicar políticas dirixidas a garantir a xestión e o uso sostíbles dos recursos naturais e os residuos, mellorando o comportamento medioambiental dos produtos, os modelos de produción e consumo sostibles e a prevención, recuperación e reciclado de residuos; contribuír á aplicación efectiva da Estratexia Temática sobre Prevención e Reciclado de Residuos.

• Silvicultura: proporcionar, especialmente a través dunha rede de coordinación da UE, unha base completa e concisa de información pertinente para a elaboración de políticas en campos tales como o forestal, o cambio climático (impacto nos ecosistemas forestais, atenuación, efectos de substitución), a biodiversidade (información de base e zonas forestais protexidas), os incendios forestais, a situación dos bosques e a súa función protectora (auga, chan e infraestruturas), así como contribuír á protección dos bosques contra os incendios.

• Innovación: contribuír ao desenvolvemento e a demostración de enfoques políticos, tecnoloxías, métodos e instrumentos innovadores para apoiar a aplicación do Plan de Actuación a favor das Tecnoloxías Medioambientais (ETAP).

• Enfoques estratéxicos: fomentar a aplicación e a execución efectivas da lexislación medioambiental comunitaria e mellorar a base de coñecementos para a política medioambiental; mellorar o comportamento medioambiental das PEME.

Calquera proposta de proxecto que aborde as prioridades arriba mencionadas será ben acollida, aínda que a Comisión favorecerá aquelas que traten do cambio climático.

3. Información e Comunicación LIFE+

Obxectivo principal: divulgar información e fomentar a sensibilización en torno aos temas medioambientais, incluída a prevención de incendios forestais; apoiar as medidas de acompañamento como información, actividades e campañas de comunicación, conferencias e formación, incluída a formación en prevención de incendios forestais.

Calquera proposta de proxecto que aborde as prioridades arriba mencionadas será ben acollida, aínda que a Comisión favorecerá aquelas que traten da perda de biodiversidade.

Destinatarios

Poderán presentar propostas as entidades establecidas nos Estados membros da UE, tanto institucións como os axentes ou organismos públicos ou privados.

Socios

Non é necesario presentar proxectos conxuntos con outros entidades doutros Estados membros.

Financiamento

 Natureza e biodiversidade LIFE+: o porcentaxe xeral subvencionado ascenderá ao 50%. Excepcionalmente, aplicarase un porcentaxe máximo de cofinanciación do 75% ás propostas dedicadas a hábitats ou especies prioritarias recollidas nas Directivas sobre aves e hábitats.

 Política e gobernanza medioambientais LIFE+: subvencionarase ata o 50%.

 Información e comunicación LIFE+: subvencionarase ata o 50%.

Orzamento total da convocatoria

243 millóns de euros.
Polo menos un 50% do orzamento sinalado destinarase a medidas de apoio á conservación da natureza e a biodiversidade

Data de publicación

06/05/2010

Data límite de solicitude

01/09/2010

Documentación

Contacto

CONTACTO ESPAÑA
Ms María José TEGEL BORDÓN
Subdirectora General de la Oficina Presupuestaria
Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino
Plaza San Juan de la Cruz, s/n
E-28071 Madrid
Tel: +34 91 347 52 31; +34 91 347 52 22
E-Mail: buzon-sgpcp@mma.es


EUROPEAN COMMISSION
LIFE+ 2010 call for proposals
Avenue du Bourget, nº1
(BU-9 2/1)
B- 1140 Brussels
BELGIUM

Comentarios

As solicitudes enviaranse ás autoridades nacionais competentes antes das 17 h (hora local de Bruxelas) do 1 de setembro de 2010.
As propostas han de presentarse en formularios de solicitude específicos. As propostas completadas presentaranse en CD-ROM ou DVD.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante