Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas LIFE+ (2009)

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral de LIFE+ consiste en contribuír á aplicación, actualización e desenvolvemento da política e a lexislación comunitarias en materia de medio ambiente, incluída a integración do medio ambiente noutras políticas, co cal contribuirá ao desenvolvemento sostible.

Eidos de actuación

1. Natureza e biodiversidade LIFE+

Obxectivo principal: protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres, co fin de deter a perda de biodiversidade, e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos, na Unión Europea de aquí a 2010.

2. Política e gobernanza medioambientais LIFE+

• Cambio climático: estabilizar a concentración de gases de efecto invernadoiro nun nivel que impida un quecemento global superior a 2°C.

• Auga: contribuír á mellora da calidade da auga desenvolvendo medidas rendibles para conseguir un bo estado ecolóxico con vistas a elaborar o primeiro plan hidrográfico de acordo coa Directiva 2000/60/CE (Directiva marco do auga) a máis tardar no 2009.

• Aire: acadar niveis de calidade do aire que non dean lugar a riscos ou efectos negativos significativos na saúde humana e o medio ambiente.

• Chan: protexer e garantir un uso sostible do chan conservando as súas funcións, evitando as ameazas para o chan, reducindo os efectos das mesmas e restaurando os solos degradados.

• Medio ambiente urbano: contribuír a mellorar o comportamento medioambiental das zonas urbanas europeas.

• Ruído: contribuír ao desenvolvemento e a aplicación de políticas en materia de ruído ambiental.

• Produtos químicos: mellorar a protección do medio ambiente e a saúde fronte aos riscos que supoñen os produtos químicos a máis tardar en 2020 mediante a aplicación da lexislación sobre produtos químicos, en especial o Regulamento (CE) non 1907/2006 (REACH) e a estratexia temática sobre o uso sostible dos plaguicidas.

• Medio ambiente e saúde: desenvolver a información de base para a política de medio ambiente e saúde (Plan de Acción Medio Ambiente e Saúde para 2004-2010).

• Recursos naturais e residuos: desenvolver e aplicar políticas dirixidas a garantir a xestión e o uso sostíbeis dos recursos naturais e os residuos, mellorando o comportamento medioambiental dos produtos, os modelos de produción e consumo sostibles e a prevención, recuperación e reciclado de residuos; contribuír á aplicación efectiva da Estratexia Temática sobre Prevención e Reciclado de Residuos.

• Silvicultura: proporcionar, especialmente a través dunha rede de coordinación da UE, unha base completa e concisa de información pertinente para os efectos da elaboración de políticas en campos tales como o forestal, o cambio climático (impacto nos ecosistemas forestais, atenuación, efectos de substitución), a biodiversidade (información de base e zonas forestais protexidas), os incendios forestais, a situación dos bosques e a súa función protectora (auga, chan e infraestruturas), así como contribuír á protección dos bosques contra os incendios.

• Innovación: contribuír ao desenvolvemento e a demostración de enfoques políticos, tecnoloxías, métodos e instrumentos innovadores para apoiar a aplicación do Plan de Actuación a favor das Tecnoloxías Medioambientais (ETAP).

• Enfoques estratéxicos: fomentar a aplicación e execución efectivas da lexislación medioambiental comunitaria e mellorar a base de coñecementos para a política medioambiental; mellorar o com portamiento medioambiental das PEME.

• Calquera proposta de proxecto que aborde as prioridades arriba mencionadas será ben acollida, aínda que a Comisión favorecerá aquelas que traten do cambio climático.

3. Información e Comunicación LIFE+

Obxectivo principal: divulgar información e fomentar a sensibilización en torno aos temas medioambientais, incluída a prevención de incendios forestais; apoiar as medidas de acompañamento como información, actividades e campañas de comunicación, conferencias e formación, incluída a formación en prevención de incendios forestais.

Calquera proposta de proxecto que aborde as prioridades arriba mencionadas será ben acollida, aínda que a Comisión favorecerá aquelas que traten da perda de biodiversidade.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación:
• Unión Europea (UE)
• Espazo Económico Europeo (EEE)
• Países Candidatos
• Asociación Europea de Libre Comercio (AELC)

Orzamento total da convocatoria

250,00 M€

Data límite de solicitude

15/09/2009

Documentación

Contacto

European Commission
Environment DG
B - 1049 Brussels
Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante