Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas LIFE+ (2008)

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

  • Natureza e biodiversidade LIFE+

    Obxectivo principal: protexer, conservar, restaurar, supervisar e facilitar o funcionamento dos sistemas naturais, os hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres, co fin de deter a pérdida de biodiversidade, e, en particular, a diversidade de recursos xenéticos, na Unión Europea de aquí a 2010.
  • Política e gobernanza medioambientais LIFE+

    Obxectivos principais:

    • cambio climático: estabilizar a concentración de gases de efecto invernadoiro nun nivel que impida un quentamento global superior a 2 °C,
    • auga: contribuír á mellora da calidade da auga desenvolvendo medidas rendibles para acadar un bo estado ecolóxico con vistas a elaborar o primeiro plan hidrográfico de acordo coa Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello (Directiva marco do auga) a máis tardar en 2009,
    • aire: acadar niveis de calidade do aire que non dean lugar a riscos ou efectos negativos significativos na saúde humana e o medio ambiente,
    • solo: protexer e garantir un uso sostible do solo conservando as súas funcións, evitando as ameazas para o solo, reducindo os efectos das mesmas e restaurando os solos degradados,
    • medio ambiente urbano: contribuír a mellorar o comportamento medioambiental das zonas urbanas europeas,
    • ruído: contribuír ao desenvolvemento e a aplicación de políticas en materia de ruído ambiental.

Destinatarios

Poderán presentar propostas as entidades establecidas nos Estados membros da Unión Europea, tanto as institucións como os axentes ou organismos públicos ou privados.

Financiamento

 Proxectos sobre natureza e biodiversidade LIFE+

  • A porcentaxe da contribución financeira comunitaria ascenderá como máximo ao 50 % dos gastos subvencionables,
    • excepcionalmente, aplicarase unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 75 % ás propostas dedicadas a hábitats ou especies prioritarias recollidas nas Directivas sobre aves e hábitats.
  • Política e gobernanza medioambientais LIFE+
    • A porcentaxe da contribución financeira comunitaria ascenderá como máximo ao 50 % dos gastos subvencionables.

  • Información e Comunicación LIFE+
    • A porcentaxe da contribución financeira comunitaria ascenderá como máximo ao 50 % dos gastos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

207 500 000 EUR.
A lo menos un 50 % do importe arriba mencionado asignarase a medidas de apoio á conservación da natureza e a biodiversidade.

Data límite de solicitude

21/11/2008

Documentación

Contacto

Environment Directorate-General
European Commission
DG ENV.E.4 BU-9 02/1
B-1049 Brussels
Fax: +32 2 292 17 87

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante