Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para a presentación de propostas de organizacións non gubernamentais dedicadas principalmente á protección do medio ambiente - LIFE+

Programa

LIFE+ (2007 - 2013)

Obxectivo xeral

As contribucións serán para os gastos que as ONG europeas de medio ambiente teñan na realización das actividades previstas no seu programa de traballo anual de 2014. As organizacións solicitantes deben exercer a súa actividade a nivel europeo de forma individual ou en colaboración con varias asociacións coordinadas e unhas actividades que abranguen ao menos tres Estados membros da UE.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo principal debe referirse a un ou máios dos seguintes obxectivos temáticos:
- Protexer, conservar e mellorar o capital natural da Unión.
- Convertir á Unión nunha economía de baixas emisións de carbono eficiente na utilización dos recursos, verde e competitiva.
- Protexer aos cidadáns da Unión frente ás presións e os riscos relacionados co ambiente para a salud e o benestar.

Ademáis, as actividades dos solicitantes deben gardar relación con algunha das prioridades anuais do programa LIFE+: residuos; mitigación e adaptación ao cambio climático.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos e Asociación Europea de Libre Comercio (AELC).

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A porcentaxe máxima de cofinanciamento é do 70%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global da convocatoria é de 9,00 M€.

Data de publicación

03/09/2013

Data límite de solicitude

15/10/2013

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DG ENV E.4
B-1049 Bruxelas
Fax (00) (32-2) 297 96 93
Email: env-ngo@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante