Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Subvencións no ámbito do transporte marítimo - DG MOVE-MARITIME-TRANSPORT

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Promover a mobilidade na formación para mellorar a calidade da educación e a formación e a mellora da capacidade de formación das institucións europeas e organismos marítimos.

Obxectivo específico da convocatoria

Unha acción proposta ten que cubrir unha ou varias das seguintes actividades:
- Fortalecemento da capacitación nas actividades marítimas, incluindo novas tecnoloxías;
- Fomentar a cooperación e o intercambio nas actividades marítimas;
- Intercambio de información entre as universidades e centros de formación a fin de desenvolver unha formación máis uniforme que poda ser a base dunha aceptación mutua dos graos e as habilidades que se poden obter en cada institución, facilitando a mobilidade;
- Fomentar socios industriais na participación activa na iniciativa mediante actividades de formación;
- Reforzar os vínculos e redes entre os xoves das rexións marítimas europeas e desenvolver unha cultura marítima europea;
- Promover, a largo plazo, a mobilidade laboral nas actividades marítimas a través de accións como as seguintes: o intercambio de estudantes, aprendices e persoas en formación, así como o intercambio de profesores, formadores, instructores; desenvolver programas de capacitación conxunta.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte: Unión Europea (UE),
Espacio Económico Europeo (EEE), Países Candidatos

Destinatarios

Entidades públicas de todo tipo legalmente constituidas e localizadas dentro dos ámbitos de actuación

Financiamento

80% máximo dos custos totais elixibles do proxecto

Orzamento total da convocatoria

400.000 €

Data de publicación

19/01/2013

Data límite de solicitude

27/04/2013

Documentación

Contacto

DX de Mobilidade e Transporte da Comisión Europea: move-infos@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante