Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos no ámbito das Autopistas do Mar (MoS) 2012 - TEN-T-2012-MoS

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Promover a sostenibilidade xeral e a seguridade no transporte mediante a aportación dunha alternativa ao transporte terrestre, fortemente conxestionado ou menos eficiente dende o punto de vista medioambiental. Supondrá ademais unha maior cohesión na Unión Europea xa que facilitará as conexións entre Estados membros así como entre rexións, revitalizando as rexións periféricas.

Obxectivo específico da convocatoria

As propostas de proxectos deben referirse a algunha das seguintes autopistas do mar e aos enlaces entre elas:
1. Autopista do Mar Báltico
2. Autopista do Mar do Oeste de Europa
3. Autopista do Mar do Sur- Este de Europa
4. Autopista do Mar do Sur- Oeste de Europa

Eidos de actuación

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
1. Calquera tipo de organización

Destinatarios

As entidades ou organizacións que participen deberán dispor da sua sede social no ámbito xeográfico seguinte:
1. Unión Europea (UE)

Financiamento

A cantidade de diñeiro financiada pola UE non deberá exceder os seguintes porcentaxes:
- Estudos: o 50% dos custos totais elixibles
- Traballo: un máximo do 20% dos custos totais elixibles do traballo
- Axuda inicial relacionada cos custos de capital para os proxectos de “Motorways of the Sea”: 30% dos anos de depreciación dos custos elixibles de capital

Orzamento total da convocatoria

Orzamento orientativo: 80,00 M€

Data de publicación

28/11/2012

Data límite de solicitude

28/02/2013

Documentación

Contacto

Se desexa realizar preguntas relacionadas coa presente convocatoria, envie un correo ao:
tenea-helpdesk-call-MAP-2012ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante