Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Sistemas de Transporte Intelixentes (ITS) 2012 - TEN-T-2012-ITS

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Facilitar a preparación, desenvolvemento e implantación coordinada dos proxectos referidos na Guía RTE-T tal como se reflexa no Programa de Traballo Plurianual para 2012. Os proxectos deben ser ademais de carácter instrumental para lograr os obxectivos da Directiva 2010/40/UE sobre sistemas de transporte intelixente ou da Directiva 2004/52/CE de interoperabilidade de sistemas de peaxe electrónico.

Obxectivo específico da convocatoria

- Área Prioritaria 1: ITS: Os proxectos de traballo presentados baixo este área deben apoiar a implementación coordinada e a interoperabilidade de servizos ITS relevantes e aplicacións nos corredores do TERN, así como súas interfaces con redes complementarias e modos de transporte, abarcando ao menos tres Estados membros.
- Área Prioritaria 2: EETS: O desenvolvemento rexional de EETS proposto baixo este epígrafe debe preparar e apoiar a implementación coordinada a nivel rexional transfronterizo de servizos EETS que abarquen zonas de peaxe nas que se encontren alo menos tres Estados membros. Darase preferencia aos proxectos cun maior número de países implicados.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico seguinte:
• Unión Europea (UE)

Destinatarios

Calquera tipo de organización

Financiamento

A cantidade de diñeiro financiado pola UE non deberá exceder os seguintes porcentaxes:
- Estudos: o 50% dos custos totais elixibles
- Traballo: un máximo do 20% dos proxectos prioritarios, un 10% dos proxectos por debaixo dos prioritarios, un 30% dos sectores transfronterizos entre proxectos prioritarios, un 50% de medios de transporte (carreteira, trens, rutas marítimas, xestión de sistemas de tráfico costeiro, etc)

Orzamento total da convocatoria

Orzamento orientativo: 50,00 M€

Data de publicación

28/11/2012

Data límite de solicitude

28/02/2013

Documentación

Contacto

Se desexa realizar preguntas relacionadas coa presente convocatoria, envíe un correo ao:

tenea-helpdesk-call-MAP-2012ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante