Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

RTE-T-2012-Prioritarios - Convocatoria Anual 2012 Proxectos Prioritarios RET-T

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria de propostas céntrase en dar apoio a certas seccións dos Proxectos Prioritarios referentes ao transporte por ferrocarril, por estrada e por vías navegables interiores (PP) que prometen un maior valor engadido aos proxectos no seu conxunto, é dicir, ás seccións transfronteirizas e á eliminación de pescozos de botella.

Eidos de actuación

O apoio europeo aos proxectos prioritarios deberá facilitar a implementación de seccións ou parte de proxectos que sexan de maior carácter crítico para o éxito do seu respectivo eixo no seu conxunto. É dicir, deberán ser de vital importancia para a existencia de fluxos suaves de tráfico ao longo de todo o eixo e, en caso de non completarse no período establecido, reducirían os beneficios dos investimentos xa realizados.

Destinatarios

A convocatoria está aberta para todo tipo de organismos, públicos ou privados rexistrados nun dos 27 estados membros.

Financiamento

A cofinanciación mínima por parte da Comisión será dun mínimo de 500.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O presupuesot total da convocatoria é de 725 millóns de euros.

Data de publicación

28/11/2012

Data límite de solicitude

28/02/2013

Documentación

Contacto

Se desexa realizar preguntas relacionadas coa presente convocatoria, envie un correo ao:

tenea-helpdesk-call-MAP-2012ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante