Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

RTE-T-2012 - Convocatoria Anual 2012 con vistas á concesión de subvencións para a Rede Europea de Transporte (RTE-T) no período 2007-2013.

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da presente convocatoria de acordo ao Programa de Traballo Final para 2012 consiste en atraer propostas por parte de proxectos maduros e sostibles que poidan reflectir de forma enfocada as prioridades da Unión Europea en materia de transporte, tal como son definidas nas Guías RTE-T.

Obxectivo específico da convocatoria

Prioridade 1: Aceleración/facilitación da implementación dos proxectos RTE-T: estudos e traballos para proxectos maduros para todos os modos de transporte, como parte de proxectos de interese común.

Prioridade 2: Medidas para promover a innovación e as novas tecnoloxías de infraestruturas de transporte, como parte de proxectos de interese xeral.

Prioridade 3: Apoio ás Asociacións ou Partenariados Público-Privados (PPP) e aos instrumentos financeiros innovadores.

Prioridade 4: Apoio á implementación a longo prazo de RTE-T, especialmente no caso dos corredores de transporte.

Eidos de actuación

Esta convocatoria céntrase na execución dos proxectos da RTE-T, xa maduros, en todos os medios de transporte. Así mesmo, promóvense medidas que fomenten a innovación no tocante as infraestruturas de transporte, como é o desenvolvemento e execución dos combustibles de baixas emisións de carbono. Tamén se promove a implicación do sector privado no desenvolvemento dos proxectos de infraestrutura. Por último concentra os seus esforzos no desenvolvemento dos corredores de transporte tendo en conta os aspectos ambientais así como os corredores de ferrocarril.

Destinatarios

A convocatoria está aberta para todo tipo de organismos, públicos ou privados rexistrados nun dos 27 estados membros.

Financiamento

A cofinanciación mínima por parte da Comisión será dun mínimo de 500.000 euros.
Os estudos serán financiados ata un máximo do 50% dos custos totais elexibles.
Os traballos serán financiados ata un máximo dun 10% para proxectos de interese común, un 20% dos custos totais elexibles dos traballos sobre proxectos prioritarios, e un 30% para proxectos prioritarios realizados en seccións transfronteirizas que deran conta á Comisión Europea da viabilidade do proxecto en términos de pagos e de tempo

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é:
Orzamento global: 250,00 M€
Orzamento parcial para a prioridade 1: 150,00 M€
Orzamento parcial para a prioridade 2: 40,00 M€
Orzamento parcial para a prioridade 3: 25,00 M€
Orzamento parcial para a prioridade 4: 35,00 M€

Data de publicación

28/11/2012

Data límite de solicitude

26/03/2013

Documentación

Contacto

Se desexa realizar preguntas relacionadas coa presente convocatoria, envie un correo ao:

tent-agency@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo para a presentación desta convocatoria foi ampliada ata o 26 de marzo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante