Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatorias de propostas conforme ao programa anual de traballo do 2011 con vistas á concesión de subvencións no eido da Rede Transeuropea do Transporte (RTE-T) para o período 2007-2013 [Decisión C(2011) 1772 da Comisión, na súa versión modificada pola Decisión C(2011) 9531 da Comisión].

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Desenvolvemento do programa de traballo RET-T 2011, que permita a execución dos proxectos RET-T que impliquen un menor impacto do transporte no medioambiente, o desenvolvemento dos corredores europeos do transporte. Especial apoio é destinado ás asociacións público- privadas e a instrumentos financeiros innovadores.

Obxectivo específico da convocatoria

Prioridade 1: Promover o desenvolvemento dun sistema de transportes integrado e multimodal.
Prioridad 2: Promover o desenvolvemento de infraestructuras que contribúan á mitigación e adaptación ao cambio climático e a reducir o impacto dos transportes sobre o ambiente.
Prioridade 3: Acelerar/facilitar a execución de proxectos TEN-T.
Prioridade 4: Apoio ás asociacións público- privadas e a instrumentos financeiros innovadores.
Prioridade 5: Apoio á execución a longo prazo da rede RET-T, en concreto, o desenvolvemento dos corredores que permitirán unha execución coordinada da rede.

Eidos de actuación

Promovese o desenvolvemento desenvolvido de medidas (estudos/traballos) destinadas a promover o desplegue dunha infraestructura de transporte sostible; medidas tendentes a reducir o impacto do transporte marítimo no cambio climático; medidas destinadas a acelerar a execución de proxectos RET-T. Tamén se promove o apoio a asociacións público – privadas có obxectivo de atraer inversores privados.

Destinatarios

-un ou mais Estados membros, e/ou
-cun acordo có Estado membro implicado, organizacións internacionais, empresas comúns e asociacións comúns público- privadas

Financiamento

O orzamento mínimo previsto da Acción proposta sitúase entre 1 e 5 millóns de euros, excepto para a prioridad 4, onde prevese un orzamento de entre 500,000 e 2,5 millóns de euros.
A taxa de cofinanciamento varía en función das actividades a realizar:
-No caso de estudos: a taxa de cofinanciamento é de 50% dos custes elexibles.
-No caso de traballos: a taxa de cofinanciamento é de ata un máximo do 10% para proxectos de interese común; de ata un máximo do 20% para traballos de proxectos prioritarios; e de ata un máximo do 30% para traballos desenvolvidos en seccións fronteirizas.

Orzamento total da convocatoria


200 millonós de euros

Data de publicación

10/01/2012

Data límite de solicitude

13/04/2012

Documentación

Contacto

tenea-helpdesk-call-annual-2011@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante