Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións no campo da Rede Transeuropea de Enerxía (RTE-E) para 2007

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Implementar proxectos de interese común relacionados coas Redes Transeuropeas de Enerxía.

Obxectivo específico da convocatoria

O programa de 2007 busca promover a interconección, a interoperabilidade e o desenvolvemento de redes transeuropeas de enerxía e o acceso a esas redes de acordo coa normativa da Comunidade.

Eidos de actuación

  • Promover a diversificación das fontes de enerxía.
  • Reducir os puntos de estrangulamento da rede.
  • Promover o desenvolvemento de fontes de enerxía renovábeis.
  • Incrementar a capacidade de almacenamento de gas natural.
  • Incrementar a capacidade de recepción, almacenamento e regasificación de Gas Natural Liquado.
  • Fomentar a construcción de gaseoductos de alta presión para a diversificación do suministro de gas natural nas rexións da UE.

Destinatarios

  • Un ou (conxuntamente) varios Estados membros.
  • Unha (ou conxuntamente) varias empresas públicas ou privadas ou outras entidades co acordo do Estado(s) membro(s) directamente afectado(s) polo proxecto en cuestión.
  • Unha (ou conxuntamente) varias organizacións internacionais co acordo de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto en cuestión.
  • Unha empresa en conxunto co acordo de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto en cuestión.

Financiamento

Só propostas relativas aos “proxectos de interese común” identificados na Decisión n° 1364/2006/EC12 do Parlamento Europeo e do Consello de 6 setembro de 2006 poderán obter financiamento comunitario.
O financiamento comunitario poderá ser de atéo 50% dos custos elexíbeis no caso de estudos e do 10% dos custos elexíbeis no caso de infraestrutura. Tamén se pode obter financiamento a través de créditos do BEI.

Orzamento total da convocatoria

21.200.000 euros

Duración do proxecto

Non indica tempo máximo.

Data límite de solicitude

31/08/2007

Documentación

Contacto

European Commission
Directorate-General for Energy and Transport (0/100 – Archives)

Rue De Mot, 28
B-1049 Brussels
Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante