Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de 2011 conforme ao programa plurianual de traballo da RTE-T. Proxectos no eido dos sistemas europeos de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS).

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

As accións centraranse en facilitar e acelerar a execución do Plan Europeo de Implementación, apoiándose o equipamento e mellora das liñas e trens, así como aquelas actividades que reforcen a interoperabilidade entre as liñas e equipamento de a bordo.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo é acadar unha maior consolidación do ERTMS en todo o mercado do transporte ferroviario. Os fondos da RTE-T concedidos para o equipo a bordo nesta convocatoria implican a obligación para os trens equipados de permanecer e operar no territorio da UE durante polo menos os 5 anos seguintes á finalización.

Eidos de actuación

Prevese que os fondos se destinen ás seguintes áreas prioritarias:

  1. Campañas para demostrar a interoperabilidade entre liñas 2.3.0d e equipamento a bordo de diferentes proveedores.

  2. Mellora das liñas existentes e trens a 2.3.0d.

  3. Equipamento de liñas.

  4. Equipamento de trenes.

  5. Aspectos técnicos que contribúan á implementación do ERTMS.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por un ou máis Estados membros e/ou, previo acordo dos Estados membros involucrados, por organizacións internacionais, empresas colectivas, empresas públicas e/ou privadas.

Non serán elexibles as propostas presentadas por unha persoa física.

Financiamento

A axuda financeira da Unión Europea non excederá das seguintes cantidades:

  • estudos: poderá ser financiado ata o 50% dos custos elexibles.

  • obras: poderá ser financiado ata un 10% para proxectos de interese común, ata un 20% para proxectos prioritarios e ata un 30% para as seccións transfronteirizas de proxectos prioritarios no caso de que os Estados membros outorgasen á Comisión Europea todas as garantías necesarias relativas á viabilidade do proxecto e o calendario para a súa realización.

  • sistemas de xestión viaria, aérea, fluvial, marítima e costeira: poderá ser financiado ata un 20% dos custos elexibles das obras.

Orzamento total da convocatoria

O importe máximo total dispoñible para as propostas seleccionadas é de 100 millóns de euros.

Data de publicación

28/06/2011

Data límite de solicitude

23/09/2011

Documentación

Contacto

TEN-T Executive Agency
Chaussée de Wavre 910
B-1040 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
E-mail: tent-agency@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante