Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de 2011 conforme ao programa plurianual de traballo da RTE-T. Proxectos no eido dos servizos de información fluvial (SIF)

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Fomentar o despregamento da infraestrutura dos Servizos de Información Fluvial mediante unha implementación harmonizada a nivel europeo.

Eidos de actuación

Existe unha serie de cuestións técnicas que son consideradas clave no contexto do programa de RTE-T. Así mesmo, hai cuestións legais e administrativas que deben ser abordadas a fin de optimizar os beneficios do SIF e asegurar unha implementación coordinada, harmonizada e sincronizada entre os Estados involucrados.

- As cuestións técnicas refírense a cuestións tales como a instalación do equipamento requirido a bordo (así como da infraestrutura costeira),testeo e validación da viabilidade técnica, interoperabilidad e compatibilidade de tecnoloxías ou a Implementación dos servizos novos e harmonizados do SIF.

- As cuestións administrativas fan referencia á clarificación das responsabilidades e tarefas entre as autoridades relativas aos SIF e ao seu establecemento, así como á definición e implementación de conceptos para o intercambio transfronteirizo de datos.

- As cuestións legais serán as relativas á elaboración de acordos administrativos para o intercambio internacional de datos.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por un ou máis Estados membros e/ou, previo acordo dos Estados membros involucrados, por organizacións internacionais, empresas colectivas, empresas públicas e/ou privadas.

Non serán elexibles as propostas presentadas por unha persoa física.

Financiamento

A axuda financeira da Unión Europea non excederá das seguintes cantidades:

- estudos: poderá ser financiado ata o 50% dos custos elexibles.

- obras: poderá ser financiado ata un 10% para proxectos de interese común, ata un 20% para proxectos prioritarios e ata un 30% para as seccións transfronteirizas de proxectos prioritarios no caso de que os Estados membros outorgasen á Comisión Europea todas as garantías necesarias relativas á viabilidade do proxecto e o calendario para a súa realización.

- sistemas de xestión viaria, aérea, fluvial, marítima e costeira: poderá ser financiado ata un 20% dos custos elexibles das obras.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade destinada a este proxecto ascende a 10 millóns de euros

Data de publicación

28/06/2011

Data límite de solicitude

23/09/2011

Documentación

Contacto

TEN-T Executive Agency
Chaussée de Wavre 910
B-1040 Brussels
Belgium
tent-agency@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante