Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de 2011 conforme ao programa plurianual de traballo da RTE-T. Proxecto prioritario Autoestradas do Mar

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

O obxectivo do proxecto prioritario Autoestradas do Mar é promover a sustentabilidade en xeral e a seguridade de transporte, proporcionando unha alternativa ao transporte terrestre, máis conxestionado e menos ecolóxico. Debe contribuír aos esforzos comúns fronte ao cambio climático. Ademais, débese reforzar a cohesión da UE, facilitando as conexións entre os Estados membros e as rexións europeas, e a reactivación das rexións periféricas.

Obxectivo específico da convocatoria

A posibilidade de crear unha solución viable está relacionada coa capacidade dos portos de mar para actuar como puntos de transbordo eficientes e confiables. Darase prioridade a proxectos destinados a mellorar e ampliar a capacidade da infraestrutura e instalacións do porto.

Eidos de actuación

Esta convocatoria contempla a realización de:

- Proxectos de implementación: que contribúan a reducir a conxestión do transporte por terra e incrementen a eficiencia do transporte.

- Proxectos piloto destinados a introducir novas tecnoloxías, prototipos ou conceptos innovadores e a preparar os cambios futuros. Estas accións deben incluír estudos de viabilidade, estudos de avaliación e validación e medidas de soporte técnico.

- Estudos: deben estar dirixidos a aquelas cuestións de nivel rexional ou europeo que outorguen máis beneficios ás operacións de Autoestradas do Mar.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por un ou máis Estados membros e/ou, previo acordo dos Estados membros involucrados, por organizacións internacionais, empresas colectivas, empresas públicas e/ou privadas.

Non se terá en conta as propostas presentadas por persoas físicas.

Socios

Débense incluír solicitantes de, como mínimo, dous Estados membros.

Financiamento

O importe da axuda financeira non poderá superar as porcentaxes seguintes:

- estudos: o 50% do custo subvencionable dos estudos, independentemente do proxecto de interese común

- obras: poderá ser financiado ata o 20% do total de custos elexibles en xeral e ata o 30% para os tramos transfronteirizos prioritarios, sempre que os Estados membros remitan á Comisión as garantías de viabilidade financeira do proxecto e o calendario para levalo a cabo.

- axudas para a posta en marcha de proxectos: ata o 30% da depreciación en dous anos dos custos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade destinada a estes proxectos ascende a 70 millóns de euros.

Data de publicación

28/06/2011

Data límite de solicitude

23/09/2011

Documentación

Contacto

TEN-T Executive Agency
Chaussée de Wavre 910
B-1040 Brussels
Belgium
tent-agency@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante