Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Lugares de descanso seguros na rede transeuropea de transportes

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

A Comisión Europea trata de ofrecer axudas a un proxecto piloto que teña por finalidade promover lugares de descanso seguros ao longo da Rede Transeuropea de Estradas (RTE-T) como se anuncia no Programa de traballo para 2007.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Obxectivo 1: a acción debe ter por obxectivo validar os estándares internacionais existentes para a planificación, deseño, financiamento e operatividade de lugares de descanso seguros e de calidade.
  • Obxectivo 2: a acción debe ter por obxectivo certificar o maior número posible de lugares de descanso para cubrir un amplo espectro xeográfico da rede transeuropea. Debería certificar polo menos 5 áreas de descanso cun nivel mínimo de calidade en polo menos 10 Estados membros.

Eidos de actuación

Seguridade na Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) por estrada.

Destinatarios

Entidades legais rexistradas nun Estado Membro.

Financiamento

Até o 70 % dos custos elexíbeis do proxecto cun máximo de 2 000 000 € para un único proxecto.

Orzamento total da convocatoria

2 000 000 €

Duración do proxecto

Máximo de 24 meses

Data límite de solicitude

14/09/2007

Documentación

Contacto

Tel: +32 2 29 80981
Fax: +32 2 29 56504
TREN-E1-SECRETARIAT@ec.europa.eu, WEB

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante