Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Propostas conforme ao proxecto de Programa anual para a concesión de subvencións no campo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) para 2007

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Complmentar o financiamento previsto no programa multianual das Redes Europeas de Transporte. O programa anual non apoia accións xa apoiadas polo programa multianual.


Obxectivo específico da convocatoria


A convocatoria de 2007 ten por obxectivo, entre outros, optimizar o uso das infraestruturas, mellorar a seguridade e calidade dos servizos, promover a consecución dos obxectivos da política de transportes e a implementación da lexislación correspondente.


Eidos de actuación



  • Financiar os 30 proxectos prioritarios das Redes Europeas de Transporte nos eidos que non son financiados a través do programa multianual, prestando especial atención a problemas da rede transeuropea como os puntos de conxestión da rede nas fronteiras.
  • Desenvolver unha rede de ferrocarril interoperativa a nivel europeo.
  • Desenvolver liñas de transporte marítimas e fluviais.
  • Medidas para resolver os problemas da xestión aeroportuaria.
  • Medidas para promover bos estandards de confort e seguridade no transporte por estrada.
  • Medidas que promovan a investigación e a innovación no transporte.

Os proxectos serán elexíbeis se fan referencia a un ou varios proxectos definidos como de “interese común” na liñas directrices das redes transeuropeas de transporte ou se pretenden actuar sobre fronteiras entre estados onde exista unha necesidade de mellora da rede transeuropea de transporte.


Destinatarios


Autoridades estatais (unha ou varias), empresas privadas (unha ou varias) con consentimento das autoridades estatais concernidas polo proxecto, organizacións internacionais (unha ou varias) con consentimento dos estados concernidos ou un partenariado de todos os anteriores. Só está aberto para persoas xurídicas con sé nun Estado membro.


Financiamento


No caso dos proxectos de interese común o financiamento será de até o 50% para o caso de estudos e do 10% para o caso de proxectos de infraestrutura. No caso dos proxectos prioritarios poderase alcanzar o 20% dos custos elexíbeis de infraestrutura e o 30% no caso de que eses proxectos prioritarios se realicen sobre puntos transfronteirizos.


No caso dos proxectos que se refiran á mellora da rede de transporte en puntos transfronteirizos (non definidos como de interese común) poderase solicitar un financiamento máximo do 30% do custo do proxecto.


Orzamento total da convocatoria



112.607.450 €

Duración do proxecto


Non se especifica.


Data límite de solicitude



20.07.2007

Documentacion


Oficial wesite


Contacto



Telf. +32 2 29 80981, Fax. +32 2 29 56504

ten-t-helpdesk-call-annual2007@ec.europa.eu”>E-mail

Website

Data límite de solicitude

20/07/2007

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante