Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Aplicacións Telemáticas para os pasaxeiros do transporte ferroviario (TAP)

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo específico da convocatoria

O subsistema de aplicacións telemáticas para os servizos dos pasaxeiros (TAP TSI) permitirá a armonización/normalización dos procedementos, datos e mensaxes para seren intercambiados entre os sistemas informáticos das compañías de ferrocarrís, os xestores de infraestruturas e os vendedores de billetes co fin de proporcionar información confiable aos pasaxeiros e a expedición de billetes para unha viaxe na rede ferroviaria da Unión Europea, de conformidade
co Regulamento n º 1371/2007 sobre os dereitos e obrigacións dos viaxeiros.
Este proxecto consta de 3 fases. O obxectivo desta convocatoria e levar cabo os estudos que contribuan á implementación da primeira fase.

Eidos de actuación

- Definir o sistema de intercambio de datos composto por elementos comúns e pola interconexión dos sistemas de información e comunicación dos interesados para que sexan capaces de cumprir cos requisitos do TAP TSI.
- Confirmar este sistema desde o punto de vista da súa viabilidade técnica e económica.
- Elaborar un plan de traballo necesario para implementar o sistema, incluíndo os indicadores precisos para o seguimento do progreso da implementación pola Comisión, a Axencia Europea do Ferrocarril, os Estados membros e os socios implicados.

Destinatarios

Persoas legais establecidas nun Estado membro da Unión Europea

Socios

Non se precisan socios transnacionais

Financiamento

A cantidade subvencionada estará entre o 10% e o 50% dos custos elexibles

Orzamento total da convocatoria

A cantidade estimada total para esta convocatoria é de 420.000 euros

Duración do proxecto

A duración máxima das accións será de 36 meses

Data de publicación

21/02/2011

Data límite de solicitude

21/03/2011

Documentación

Contacto

European Commission
Directorate-General for Mobility and Transport
Avenue du Bourget 1
B-1140 Brussels (Evere)
Belgium

Comentarios

Para solicitar información adicional acerca da convocatoria: MOVE-RAIL@ec.europa.eu.
Trátase dun proxecto establecido en 3 fases. Esta convocatoria está prevista para o desenvolvemento da primeira fase que consiste no deseño do sistema electrónico, a xestión e o master plan.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante