Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de 2010 conforme ao programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) con vistas á concesión de subvencións para o período 2007-2013. Proxecto prioritario Servizos de Información Fluvial.

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Fomentar o despliegue da infraestrutura dos Servizos de Información Fluvial mediante una posta en marcha harmonizada a nivel europeo.

Eidos de actuación

Existe unha serie de cuestións técnicas que son consideradas clave no contexto do programa de RTE-T. Asemade, hai cuestións legais e administrativas que deben ser abordadas a fin de optimizar os beneficios do SIF e asegurar unha posta en marcha coordinada, harmonizada e sincronizada entre os Estados involucrados.



As cuestións técnicas son:



- Instalación do equipamento requirido de a bordo, así como da infraestrutura costeira (hardware, software, etc.)


- Testeo e validación da viabilidade técnica, interoperabilidade e compatibilidade de tecnoloxías, sistemas, servizos e aplicacións.



- Mellora ulterior e posta a punto das tecnologías, sistemas, servizos e aplicacións do SIF.



- Posta en marcha dos novos e harmonizados servizos do SIF, especialmente ao nivel da xestión do transporte e dos servizos de seguridade.



- Provisión de feedback e contribución ao mantemento e correción dos estándares e as especificacións técnicas.



Cuestións administrativas:


- Clarificación das responsabilidades e tarefas entre as autoridades relativas aos SIF e ao seu establecemento.


- Definición e posta en marcha de conceptos para o intercambio transfronteirizo de datos.



Cuestións legais:



- Elaboración de acordos administrativos para o intercambio internacional de datos e outras cuestións relacionadas.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por uno ou máis Estados membros e/ou, previo acordo dos Estados membros involucrados, por organizacións internacionais, empresas colectivas, empresas públicas e/ou privadas.

Financiamento

- Estudos: poderá ser financiado ata o 50 % dos custes elixibles.



- Obras: poderá ser financiado ata un 10% para proxectos de interés común, ata un 20% para proxectos prioritarios e ata un 30% para as seccións transfronteirizas de proxectos prioritarios no caso de que os Estados membros teñan outorgado á Comisión Europea todas as garantías necesarias relativas á viabilidade do proxecto e o calendario para a súa realización.



-Sistemas de xestión vial, aérea, fluvial, marítima e costeira: poderá ser financiado ata un 20% de los custes elixibles das obras.

Orzamento total da convocatoria

EUR 10.000.000

Data de publicación

19/05/2010

Data límite de solicitude

31/08/2010

Documentación

Contacto

Axencia Executiva RTE-T
Square Frère Orban 10
B-1040 Bruxelas
Bélxica

tent-agency@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante