Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de 2010 conforme ao programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T) con vistas á concesión de subvencións para o período 2007-2013. Proxecto prioritario Estradas do Mar.

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Promover a sostenibilidade xeral e a seguridade do transporte facilitando unha alternativa ao transporte por terra.


Contribuir ao esforzo común da loita contra o cambio climático.


Reforzar a cohesión na UE facilitando conexións entre Estados membros e entre rexións europeas, así como revitalizando rexións periféricas.

Obxectivo específico da convocatoria

Estradas do Mar baséase nas rutas marítimas existentes ou en novas rutas e na integración de todas estas nas cadeas intermodais de loxística europea. O obxectivo específico é o de mellorar as rutas marítimas actuais ou establecer rutas novas como un modo de integrar estas rutas na cadea de loxística global.

Eidos de actuación

Esta convocatoria contempla a realización de:



- Proxectos de posta en marcha: que contribúan a reducir a conxestión do transporte por terra e incrementen a eficiencia do transporte porta-a-porta a través do cambio modal e/ou unha maior accesibilidade das rexións periféricas e insulares.



- Estudos tomando a forma de accións piloto: destinadas a introducir novas tecnoloxías, prototipos ou conceptos innovadores e a preparar os cambios futuros. Estas accións deben incluir estudos de viabilidade, estudos de avaliación e validación e medidas de soporte técnico.



- Estudos: deben estar dirixidos a aquelas cuestións de nivel rexional ou europeo que outorguen máis beneficios ás operacións de Estradas do Mar. Os estudos para a preparación e posta en marcha de proxectos deben levar a futuras propostas maduras de proxectos de Estradas do Mar.

Destinatarios

As propostas deberán ser presentadas por uno ou máis Estados membros e/ou, previo acordo dos Estados membros involucrados, por organizacións internacionais, empresas colectivas, empresas públicas e/ou privadas. Débense incluir aplicantes de, como mínimo, dous Estados membros.

Financiamento

- Proxectos de posta en marcha: poderá ser financiado ata o 20% do total de custos elixibles en xeral e ata o 30% cando satisfagan as condicións da acción xenérica transfronteiriza de RTE-T.



- Estudos tomando a forma de accións piloto: poderá ser financiado ata o 50% dos custos elixibles no caso de que cumplan coa definición de estudos incluída na regulación de RTE-T.



- Estudos: poderá ser financiado ata o 50% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

EUR 85.000.000

Data de publicación

19/05/2010

Data límite de solicitude

31/08/2010

Documentación

Contacto

Axencia Executiva RTE-T
Square Frère Orban 10
B-1040 Bruxelas
Bélxica

tent-agency@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante