Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de 2009 conforme ao programa anual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T)

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Contribuír á execución e desenvolvemento do mercado interno, así como reforzar a cohesión económica e social a través da interconexión e interoperatibilidade das redes de transporte nacionais e do acceso a elas.
Os proxectos deberán reducir a conxestión das estradas a través da transferencia entre modos de transporte e / ou aumentar a accesibilidade das rexións periféricas e insulares.

Obxectivo específico da convocatoria

En particular, a presente convocatoria de propostas ten por obxecto complementar os esforzos desenvolvidos no programa de traballo plurianual no apoio ás infraestruturas de transporte modernas que permiten a persoas e mercancías circular entre os Estados membros máis rápido e máis facilmente, así como mellorar a competitividade global da UE.

Eidos de actuación

Para 2009, o programa concentrarase en:
- Os proxectos definidos como prioritarios (tal e como se recolle no anexo III das orientacións sobre as RTE-E, que non reciban financiamento por parte do programa plurianual)
- Medidas para establecer ligazóns e interconexións clave para reducir conxestións
-Medidas para desenvolver a interoperatividad da rede ferroviaria
-Medidas para promover o transporte marítimo e por vías navegables
-Medidas para resolver os problemas máis urxentes nos aeroportos
- Medidas para promover un bo nivel de comodidade e seguridade das infraestruturas no transporte por estrada e garantir a súa integración sostíbel no conxunto da cadea de transporte
- Medidas para promover o desenvolvemento da sostenibilidade nas infraestruturas de transporte

Destinatarios

-Un ou máis Estados membros
-Unha ou máis empresas públicas ou privadas, co consentimento do Estado ou Estados directamente afectados polo proxecto en cuestión
- Unha ou varias organizacións internacionais, co acordo de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto en cuestión
- Unha empresa común, co acordo de todos os Estados membros directamente afectados polo proxecto.
As propostas de proxectos presentadas por persoas físicas non son admisibles.
En ningún caso, as propostas de proxectos presentados por terceiros países ou por persoas
persoas físicas ou xurídicas establecidas fóra da UE poden beneficiarse destas subvencións.

Financiamento

A comunidade financeira non superará os seguintes porcentaxes:
- En relación a estudos, un máximo dun 50% dos custos elixibles
- 10% nos proxectos de interese común
- 20% nos proxectos prioritarios
- 30% nos proxectos prioritarios en tramos transfronteirizos, desde que os Estados membros interesados dean á Comisión todas as garantías necesarias sobre a viabilidade financeira e o
calendario de execución do proxecto
- Para os sistemas de xestión do tráfico por estrada, aéreo, fluvial, marítimo e das augas costeiras: financiarase ata un 20% dos custos subvencionables

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitaria dispoñible para a convocatoria de propostas para o ano 2009 é de 14080 millóns de euros. Dos cales 80 millóns están destinados a subvencións para proxectos de interese común no ámbito da rede transeuropea de transporte, e 60 millóns para o ”instrumento de garantía de préstamo establecido no Regulamento RTE.

Duración do proxecto

Os solicitantes deben tamén sinalar que esta convocatoria non se destina a cubrir grandes proxectos durante un longo período de tempo

Data límite de solicitude

15/05/2009

Documentación

Comentarios

O 20 de abril de 2009 tivo lugar en Bruxelas unha xornada informativa
sobre as novas convocatorias no marco das Redes Transeuropeas de Trasporte (RTE-T)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante