Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de 2009 conforme ao programa plurianual de traballo das Redes Transeuropeas de Transporte (RTE-T)

Programa

REDES TRANSEUROPEAS DE TRANSPORTE (RTE-T)

Obxectivo xeral

Contribuír á execución e desenvolvemento do mercado interno, así como reforzar a cohesión económica e social a través da interconexión e interoperabilidad das redes de transporte nacionais e do acceso ás mesmas.

Os proxectos deberán reducir a conxestión das estradas a través da transferencia entre modos de transporte e/ou aumentar a accesibilidade das rexións periféricas e insulares.

Obxectivo específico da convocatoria

Conforme ao programa plurianual de traballo das Redes Transeuropeas de Transporte (RTE-T) para o período 2007-2013, a Dirección Xeral de Enerxía e Transportes da Comisión Europea convoca propostas con vistas á concesión de subvencións nos seguintes campos:
- Autoestradas do mar (Mos-Motorways of the Sea). Proporcionar alternativas viables para as conxestións nas estradas mediante a transferencia da carga as rutas marítimas.
- Sistemas de transporte intelixentes para o tráfico por estrada (ITS-Intelligent Transport Systems). A integración da información e as comunicacións para crear tecnoloxía máis eficiente e segura en relación ao transporte por estrada.

Os proxectos deberán desenvolver unha combinación dos seguintes obxectivos/actividades:
1. O uso óptimo dos datos de tráfico, estradas e viaxe
2. Continuidade dos servizos de xestión intelixente de tráfico e carga nos corredores europeos, ata os intercambios cos sistemas urbanos e interurbanos
3. Seguridade integral no tráfico
4. Integración dos vehículos nas infraestruturas de transporte
5. Protección e seguridade da información
6. Cooperación e coordinación

- Sistemas europeos de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS- European Railway Transport Management Systems). Harmonizar os sistemas de sinalización ferroviaria europeos.

Eidos de actuación

Área nº 8: Autoestradas do mar (Mos)
- Esta área sitúa o establecemento das chamadas Autoestradas do Mar entre os servizos de transporte intermodal de alta calidade. As Autoestradas do Mar baséanse en vías marítimas novas ou rehabilitadas utilizadas predominantemente para o transporte de mercancías no marco do concepto porta a porta. Estas vías navegables deben comprender os portos de orixe e de destino de, polo menos, dous Estados membros distintos. As accións poden estenderse aos países veciños, pero estes non recibirán ningunha contribución financeira.

- Actuarase tamén en actividades relacionadas coas mencionadas Autoestradas do Mar. as prestacións que teñen un alcance máis amplo sen estar vinculadas a portos determinados, como a posta a disposición de instalacións para romper o xeo ou como as operacións de dragado, ademais dos sistemas de información.

- Poderían estar cubertos estudos realizados a escala rexional, que conduzan á identificación ou formulación potencial de accións no marco das autoestradas do mar, para o período 2010-2012, que serán tidos en conta para propostas dentro das Redes Traseuropeas de Transporte (RTE-T), ou do Programa Marco Polo.

Área nº 9: Sistemas de transporte intelixentes para o tráfico por estrada (STI)
Esta rúbrica comprende:
- A dispoñibilidade, calidade e acceso a datos acerca das viaxes e o tráfico.
- A optimización da compilación e o subministración de datos de estradas, normas de tráfico e rutas recomendadas
- A continuidade dos STI para pasaxeiros e mercancías, incluído o uso da base de datos do programa Galileo (EGNOS)
- A elaboración de directrices sobre seguridade de prazas de estacionamento, incluíndo o control e sistemas de reserva
- A identificación e avaliación das estratexias de execución e investimentos en infraestruturas intelixentes
- A contribución a unha coordinación para unha implementación dos STI máis eficaz e harmonizado a escala europea

Área nº 10: Proxectos no campo dos sistemas europeus de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS)
Esta rúbrica comprende:
- Instalación ou adaptación de equipos ETCS embarcados (ETCS versión 2.3.0d cunha cláusula de mellora incluída no contrato ETCS versión 3)
- Instalación de equipamento de vía ERTMS, incluíndo a verificación e tests de conformidade en caso necesario
- Actividades relacionadas co Memorando de Entendemento, e en particular no relacionado coa compatibilidade coa versión ETCS 2.3.0d, o desenvolvemento da liña de base 3 e a mellora dos tests de procedemento tanto para ETCS como para GRM-R

Destinatarios

Autoridades públicas e empresas privadas coa autorización das autoridades estatais responsables da infraestrutura viaria europea (transporte por estrada, ferroviaria, marítima e fluvial).
Ademais, concretamente nas propostas das áreas 8 e 9 deben presentarse por, polo menos, dous Estados membros. No caso das da área 8 ten que contar coa participación de, polo menos, operadores marítimos e portos dun estado Membro.

Financiamento

O importe da axuda financeira non superará as porcentaxes seguintes:
- Estudos: o 50% dos custos elixibles
- Obras: 10% dos custos elixibles para os proxectos de interese común, 20% para os proxectos prioritarios e 30% para os tramos transfronteirizos prioritarios, desde que os Estados membros interesados dean á Comisión todas as garantías necesarias sobre a viabilidade financeira e o calendario de execución do proxecto.
- Sistema europeo de xestión do tráfico (ERTMS): o 50% dos custos elixibles
- Sistemas de xestión do tráfico por estrada, aéreo, fluvial, marítimo e das augas costeiras: máximo, 20% dos custos elixibles
- Proxectos no ámbito das autoestradas do mar para tramos transfronteirizos: 30% do valor de dous anos de amortización dos custos de equipamento elixibles.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitaria dispoñible para a convocatoria de propostas é:
- Orzamento parcial para a área 8: 30,00 M€
- Orzamento parcial para a área 9: 100,00 M€
- Orzamento parcial para a área 10: 240,00 M€

Data límite de solicitude

15/05/2009

Documentación

Comentarios

O 20 de abril de 2009 tivo lugar en Bruxelas unha xornada informativa
sobre as novas convocatorias no marco das Redes Transeuropeas de Trasporte (RTE-T)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante