Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, evitación de tráfico e de aprendizaxe en común dentro do segundo Programa Marco Polo - Marco Polo 2013.

Programa

MARCO POLO II

Obxectivo xeral

Entre os seus obxectivos, o programa Marco Polo prevé o apoio a accións encamiñadas a reducir a conxestión vial resultante do tráfico de mercadorías, mellorar o rendemento ambiental do sistema de transporte e potenciar o transporte intermodal, contribuíndo así a un sistema de transporte máis eficiente e sustentable que proporcione valor engadido no eido da Unión Europea, e que non supoña un impacto negativo sobre a cohesión económica, social ou territorial.
Pretende especialmente contribuír a cubrir as perdas das etapas iniciais resultantes do cambio do transporte de mercadorías cara novos e mellorados servizos intermodais ou aqueles resultantes de accións que eviten o tráfico de mercadorías.

Obxectivo específico da convocatoria

O Programa Marco Polo apoiará cinco tipos de accións en 2013:
1. Accións de transferencia entre modos de transporte;
2. Accións de efecto catalizador;
3. Accións en Autoestradas do Mar;
4. Accións para evitación do tráfico;
5. Accións de Aprendizaxe en común.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE) e países candidatos.

Destinatarios

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE) e países candidatos.

Financiamento

Existen diferentes teitos de financiamento segundo as accións que se cofinancien, a saber:
1. Accións de transferencia entre modos de transporte, accións de efecto catalizador e accións en Autoestradas do Mar: 35% do total dos custos elixibles.
2. Accións para evitación do tráfico: 35% do total dos custos elixibles.
3. Accións de Aprendizaxe en común: ata o 50% do total dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

A previsión global de financiamento dispoñible para a convocatoria de propostas é de 66,7 millóns de euros.

Data de publicación

26/03/2013

Documentación

Contacto

Consultas sobre a convocatoria Marco Polo 2013
Luns a Xoves: 09.00 a 13.00 e 14.15 a 17.15
Venres: 09.00 a 13.00 e 14.15 a 16.30
E-mail: eaci-marco-polo-helpdesk@ec.europa.eu
Tel: +32 2 29 50924
Fax: +32 2 29 79506
------------------------------------------------------------
Consultas Autoestradas do Mar:
EC-MOS-HELPDESK@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante