Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

DGMOVE/D1/SUB/177-2012 - Convocatoria de propostas para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, evitación de tráfico e de aprendizaxe en común dentro do segundo Programa Marco Polo

Programa

MARCO POLO II

Obxectivo xeral

Entre os seus obxectivos, o programa Marco Polo prevé o apoio a accións encamiñadas a reducir a conxestión viaria resultante de tráfico de mercancías, mellorar o rendemento ambiental do sistema de transporte e potenciar o transporte intermodal, contribuíndo así a un sistema de transporte máis eficiente e sostible que proporcione valor engadido no ámbito da Unión Europea, e que non supoña un impacto negativo sobre a cohesión económica, social ou territorial. Pretende especialmente contribuír a cubrir as perdas das etapas iniciais resultantes do cambio do transporte de mercancías cara a novos e mellorados servizos intermodais ou aqueles resultantes de accións que eviten o tráfico de mercancías.

Eidos de actuación

O Programa Marco Polo apoiará cinco tipos de accións en 2012:

- Accións de transferencia entre modos de transporte
- Acciones de efecto catalizador
- Accións en Autoestradas do Mar
- Acciones para evitación do tráfico
- Acciones de Aprendizaxe en común

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:

- Organizacións sen ánimo de lucro
- Organizacións non gobernamentais
- Entidades públicas (todo tipo)
- Pemes
- Universidades

Financiamento

A cofinanciación será comprendida entre 20 e 50% dos gastos elexibles, segundo actividades e accións.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a 64,6 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades deben de durar entre 12 meses ata os 60 meses segundo accións.

Data de publicación

20/06/2012

Data límite de solicitude

21/09/2012

Documentación

Contacto

Para realizar preguntas relacionadas coa convocatoria poden chamar ao:
Tel: (32-2) 2950924

ou enviar un correo electrónico ao:
eaci-marco-polo-helpdesk@ec.europa.eu

Comentarios

Financiaranse uns 36 proxectos.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante