Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2011 para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, evitación do tráfico e de aprendizaxe en común.

Programa

MARCO POLO II

Obxectivo xeral

O Libro Branco sobre a Política Europea de Transportes publicado en marzo pola Comisión Europea establece como un dos seus obxectivos principais optimizar o rendemento das cadeas loxísticas multimodais, mediante, entre outros, un maior uso de sistemas de enerxía máis eficientes.

Obxectivo específico da convocatoria

Este programa propón accións de apoio co obxectivo de reducir a conxestión viaria resultante do transporte de mercadorías, mellorar a actividade ambiental dos sistemas de transporte e promover o transporte intermodal, contribuíndo así a un sistema de transporte máis eficiente e sustentable que dará á UE un valor engadido sen ter un impacto negativo sobre a cohesión económica, social ou territorial.

Eidos de actuación

Este programa contempla cinco tipos de accións:

  • Accións de transferencia entre modos de transporte: orientadas a fomentar o paso do transporte de mercadorías por estrada ao transporte de mercadorías marítimo, por ferrocarril e por vías fluviais navegables. Pódese propor tanto a posta en marcha de novos servizos como a mellora de servizos existentes, sempre que supoñan unha redución do transporte de mercadorías por estrada.

  • Accións de efecto catalizador: cuxo obxectivo é cambiar o modo en que se transportan as mercadorías por modos de transporte distintos á estrada. Para iso prevese eliminar os obstáculos estruturais do mercado mediante solucións creativas que supoñan un avance significativo.

  • Acciones ”autoestradas do mar” que perseguen ofrecer un servizo integrado que supoña o paso dun transporte de mercadorías por estrada a unha combinación de transporte marítimo con outros modos de transporte. Espéranse accións innovadoras a escala europea en termos de loxística, equipos, produtos e servizos.

  • Accións de evitación do tráfico: co obxectivo de integrar o transporte na loxística da produción, reducindo a demanda do transporte de mercadorías por estrada.

  • Accións de aprendizaxe común que promovan o coñecemento no sector do transporte e a loxística e fomenten métodos e procesos avanzados de cooperación no mercado de mercadorías, co obxectivo xeral de promover solucións de transporte intermodal.

Destinatarios

Entidades legalmente constituidas e localizadas ben nalgún Estado membro da UE, ou ben en Noruega, Islandia, Lichtenstein ou Croacia.

Socios

Os solicitantes poderán concorrer sós ou integrados nun consorcio.

Financiamento

A subvención outorgada dependerá das accións que se desenvolvan. Nas Accións de aprendizaxe permanente a subvención poderá chegar ata o 50% dos custos elexibles, non obstante, no resto de Accións non superará o 35% dos custos elexibles precisos.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria estará en torno aos 64 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración dos proxectos dependerá das accións que se leven a cabo:

  • Accións de transferencia entre modos de transporte: entre 24 e 36 meses.
  • Accións de efecto catalizador: entre 36 e 60 meses.
  • Accións ”autoestradas do mar”: entre 36 e 60 meses.
  • Accións de evitación do tráfico: entre 36 e 60 meses.
  • Accións de aprendizaxe común: como máximo 24 meses.

Data de publicación

21/10/2011

Data límite de solicitude

16/01/2012

Documentación

Contacto

European Commission
Executive Agency for Competitiveness and Innovation - EACI
Ref.: Marco Polo II Programme – Call 2011
Courrier Central
avenue du Bourget 1
BE-1140 Brussels

As dúbidas sobre a presente convocatoria poderán ser consultadas: eaci-marco-polo-helpdesk@ec.europa.eu

Comentarios

A acción debe comezar a executarse entre o 1 de xullo de 2010 e o 1 de xullo de 2013.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante