Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2010 de propostas para accións de transferencia entre modos de transporte, de efecto catalizador, autoestradas do mar, formas de evitar o tráfico e aprendizaxe en común

Programa

MARCO POLO II

Obxectivo xeral

Apoiar un cambio progresivo no balance entre os diversos modos de transporte de mercancías a fin de acadar un sistema de transporte máis sostible.

Obxectivo específico da convocatoria

Financiar proxectos que contribúan a diminuír o volume de mercancías transportadas por estrada, potenciando os transportes marítimo, ferroviario e fluvial. Deste xeito, se busca mellorar os aspectos medioambientais do sistema de transporte, reducindo a conxestión e a polución e mellorando a súa eficiencia.

Eidos de actuación

Financiaranse nesta convocatoria cinco tipos de accións:

• Accións de transferencia entre modos de transporte: dirixidas a fomentar a pasaxe do transporte de cargas por carreteira ao transporte de cargas marítimo de curta distancia, por ferrocarril e por vías fluviais navegables. Pódense propór tanto a posta en marcha de novos servizos como a mellora de servizos existentes, sempre que supoñan unha redución do transporte de cargas por carreteira.

• Accións de efecto catalizador: que perseguen cambiar o xeito en que se realiza o transporte de cargas alternativo ao feito por carreteira, eliminando obstáculos estruturais do mercado mediante solucións creativas e que supoñan un avance significativo.

• Accións de autoestradas do mar: destinados a ofertar un servizo porta a porta que supoña a pasaxe dun transporte de cargas por carreteira a unha combinación de transporte marítimo de curta distancia e outros modos de transporte. Espéranse accións innovadoras a escala europea en termos de loxística, equipos, produtos e servizos.

• Accións destinadas a evitar o tráfico: co obxectivo de integrar o transporte na loxística da produción, reducindo a demanda do transporte de cargas por carreteira.

• Accións de aprendizaxe común: centradas en fomentar o intercambio de coñecementos e know-how no sector a fin de dar a coñecer métodos avanzados e procedementos de cooperación.

Destinatarios

Entidades legalmente constituidas e localizadas nalgún Estado membro da UE, Noruega, Islandia, Lichtenstein ou Croacia.

Orzamento total da convocatoria

64.000.000 EUR

Duración do proxecto

• Accións de transferencia entre modos de transporte: máximo de 36 meses.
• Accións de efecto catalizador: entre 36 e 60 meses.
• Accións de autoestradas do mar: entre 36 e 60 meses.
• Accións destinadas a evitar o tráfico: entre 36 e 60 meses.
• Accións de aprendizaxe común: máximo de 24 meses.

Data límite de solicitude

18/05/2010

Documentación

Contacto

EACI - Marco Polo Help Desk
Executive Agency for Competitiveness and Innovation
Marco Polo Unit
Ref.: Call for Proposals 2010
Square Orban, 10 6/52
B-1049 Bruxelas - Bélxica

Teléfono: +32 2 295 09 24

Fax: +32 2 297 95 06

Correo eletrónico: eaci-marco-polo-helpdesk@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante