Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/01/2009 Convocatoria de Propostas de apoio na aplicación de proxectos piloto

Programa

MARCO POLO II

Obxectivo xeral

A Comisión Europea anunciou o lanzamento dunha Convocatoria de Propostas baseada na Decisión nº 1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).

Obxectivo específico da convocatoria

Unha das medidas que se aplicarán no marco desta Decisión é o apoio á aplicación de proxectos piloto.

O programa pode apoiar proxectos piloto para garantir que se adapta á evolución do mercado dando especial importancia á introdución e utilización de tecnoloxías da información e a comunicación.

Eidos de actuación

• Distribución: novas formas de crear e distribuír contidos audiovisuais europeos a través de servizos non lineais.
• Contorno aberto para a produción de contidos audiovisuais.
• Distribución — Promoción e Marketing: Utilización de técnicas web para desenvolver comunidades cinematográficas locais.
• Proxectos piloto subvencionados con anterioridade: accións que han recibido fondos no marco da convocatoria de propostas do proxecto lámpada piloto MEDIA anterior.

Destinatarios

Aberto empresas legalmente constituídas e localizadas no ámbito xeográfico seguinte:
• Unión Europea (UE)
• Espazo Económico Europeo (EEE)
• Países Candidatos
• Terceiros Países

Socios

Mínimo 4 socios de distintos países do programa Media 2007

Financiamento

A contribución económica levarase a cabo en forma de subvención. A contribución financeira adxudicada non superará o 50 % dos custos admisibles.

Orzamento total da convocatoria

2,00 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración máxima das accións será de 12 meses.
As accións deberán comezar o 1 de xaneiro de 2010 e concluír o 31 de decembro de 2010.

Data límite de solicitude

15/07/2009

Documentación

Contacto

MEDIA Desk España
Mr. Jesùs Hernàndez
Ciudad de la Imagen
c/ Luis Buñuel, 2-2°A
E - 28223 Pozuelo de Alarcon MADRID
Tel.: 34 91 512 01 78
Fax: 34 91 512 02 29
www.mediadeskspain.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante