Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

MARCO POLO II. Convocatoria 2009

Programa

MARCO POLO II

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa Marco Polo II é financiar accións que reduzan a conxestión da rede viaria europea, que melloren a eficiencia ambiental do sistema europeo de transporte, e que promovan o transporte intermodal para conseguir que o sistema europeo de transporte maximice o valor que engade á economía comunitaria e minimice os impactos negativos que esta actividade ten sobre o medio ambiente.

Obxectivo específico da convocatoria

O Programa Marco Polo II estrutúrase en torno a convocatorias de propostas anuais que financian accións de cinco tipos: Accións de transferencia entre modos de transporte, Accións catalizadoras do cambio, Autoestradas do mar, Accións de reducción do tráfico e Accións de aprendizaxe común.

Eidos de actuación

-Accións de transferencia entre modos de transporte: Son accións que buscan transferir, en condicións de mercado, mercadorías do transporte por estrada ao transporte ferroviario, ao transporte marítimo de curta distancia e ao transporte fluvial.
-Accións catalizadoras do cambio na maneira en que o transporte de mercadorías non transportadas por estrada é concibido na UE. As accións catalizadoras, serían accións-piloto innovadoras que buscan superar esas barreiras a través da incorporación de nova tecnoloxía ou dunha nova concepción da cadea de transporte.
-Autoestradas do mar: Liñas de transporte marítimo de curta distancia integradas con outros modos de transporte.
-Accións de reducción do tráfico: Son accións que tratan de mellorar os sistemas de producción de cara a reducir as necesidades de transporte.
-Accións de aprendizaxe común para promover o coñecemento do sector da loxística de transportes e para promover métodos e procedementos de cooperación no sector das mercadorías.

Destinatarios

Consorcios de cando menos 2 empresas comerciais (públicas ou privadas) establecidas no territorio de dous Estados membros diferentes, ou un Estado membro e un terceiro estado veciño da UE que asinen un acordo específico. Empresas de terceiros Estados non veciños poden participar no programa pero sen recibir financiamento comunitario.

Financiamento

-Accións de transferencia entre modos de transporte: ata 35% dos custos elixibles (cun mínimo de 500.000 € ou 250 millóns de toneladas-kilómetros)
-Accións catalizadoras: ata 35% (mínimo 2 millóns de €)
-Autoestradas do mar: ata 35% (mínimo 2,5 millóns de €)
-Accións de reducción do tráfico: ata 35% (mínimo 1 millón de €)
-Accións de aprendizaxe común: ata 50% (mínimo 250.000 €)

Orzamento total da convocatoria

Aproximadamente 62 millóns de euros cos que a Comisión espera financiar ao redor de 35 proxectos.

Duración do proxecto

Accións de transferencia entre modos de transporte: ata 36 meses
-Accións catalizadoras: ata 60 meses
-Autoestradas do mar: ata 60 meses
-Accións de reducción do tráfico: ata 60 meses
-Accións de aprendizaxe común: ata 24 meses

Data límite de solicitude

08/05/2009

Documentación

Contacto

Dende 2008, a Axencia Executiva para a Competitividade e a Innovación (AECI), xestiona, entre outros o programa Marco Polo II.

EACI - Marco Polo Help Desk
Executive Agency for Competitiveness and Innovation
Marco Polo Unit
Ref.: Call for Proposals 2009
Square Orban, 10 6/52
B-1049 Brussels

Tel: (32-2) 2950924
Fax: (32-2) 2979506
E-mail: marco-polo-helpdesk@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante