Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

IEEA 2007 Enerxía Intelixente - Europa

Programa

ENERXÍA INTELIXENTE - EUROPA (IEE)

Obxectivo xeral

O obxectivo do Programa enerxía intelixente para Europa é contribuír a asegurar unha enerxía sostíbel e a prezos competitivos en Europa, asegurando para esta acción:


  • Acoller a eficiencia da enerxía e o uso racional dos recursos enerxéticos;
  • Promover recursos enerxéticos renovables e novos e apoiar a diversificación enerxética;
  • Promover a eficiencia enerxética e o uso de enerxías novas e renovábeis no transporte.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Proporcionar os elementos necesarios para mellorar a sostibilidade, o desenvolvemento do potencial das cidades e rexións, así como a preparación das medidas lexislativas necesarias para lograr os obxectivos estratéxicos do programa; desenvolver os medios e instrumentos que se han levar a cabo, monitorizar e avaliar o impacto das medidas adoptadas pola Comisión e os Estados membros nos ámbitos sinalados polo programa.
  • Estimular o investimento entre os Estados membros en novas e mellor deseñadas tecnoloxías nos campos da eficiencia enerxética, recursos de enerxías renovábeis e diversificación enerxéticas, incluíndo no transporte, brindando o espazo entre a demostración exitosa de tecnoloxías innovadoras e a súa resposta efectiva coa fin de lograr elevar o investimento do sector público e privado, promover tecnoloxías estratéxicas clave, ofrecer baixos custos, aumentar a experiencia do mercado e contribuír a reducir os riscos financeiros e outros riscos e barreiras percibidos que dificultan este tipo de investimentos.
  • Remover as barreiras non tecnolóxicas aos deseños eficientes e intelixentes de produción e consumo enerxéticos promovendo a capacidade institucional.

Eidos de actuación

  • Eficiencia enerxética e uso racional dos recursos (SAVE)
  • Novos e renovábeis recursos enerxéticos (ALTERNER)
  • Enerxía no transporte (STEER)
  • Iniciativas integradas combinando varios dos campos mencionados ou relativos a certas prioridades comunitarias

Destinatarios

Todos os solicitantes deben ser persoas xurídicas, públicas ou privadas, estabelecidas no territorio dos Estados membros.
O programa está tamén aberto a:

  • Persoas xurídicas estabelecidas en Países membros da Asociación Europea de Libre Comercio (EFTA) que asinaron o acordo do EEE (Noruega, Islandia e Liechtenstein).
  • Países adheridos e candidatos que se beneficien dunha estratexia de preadhesión.
  • Países dos Balcáns Occidentais.
  • Países terceiros, cando os Tratados e procedementos así o permitan.

Para os proxectos, as solicitudes deben estar compostas por un equipo de polo menos tres participantes independentes estabelecidos nos territorios de tres países diferentes participantes.
Para as novas axencias de xestión da enerxía locais e rexionais, as solicitudes debe presentalas unha persoa que debe ser unha autoridade pública local ou rexional estabelecida nun dos países participantes.

Financiamento

Até un 75% dos custos elexíbeis do proxecto cun máximo de 250.000€ no caso do estabelecemento de axencias. O orzamento medio dun proxecto soe ser de 1 millón de €.

Orzamento total da convocatoria

52 mill € dos cales 3 mill serán para as novas axencias de xestión da enerxía local e rexional.

Duración do proxecto

Máximo de 36 meses.

Data límite de solicitude

28/09/2007

Documentación

Contacto

Calquera pregunta relativa a esta convocatoria pode enviarse á IEEA utilizando o formulario electrónico.

Procuras de Socios

Enerxía Intelixente Europa. Proxecto SAVE sobre o rendemento enerxético – Condado de Hampshire (Inglaterra)

Enerxía Intelixente Europa II Tranemo (Suecia)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante